Filmes de Indonesia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Indonesia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez dende o ano 1987. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Até o ano 2022, vinte e catro filmes de Indonesia foron presentados para o Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles foi nomeado para o premio. O país tentou presentar un filme en 1988, mais a proposta foi descualificada por carecer de subtítulos en inglés.[5]
O único director indonesio que presentou máis dun filme nesta categoría foi Nia Dinata. Ca-bau-kan de Dinata foi a proposta de Indonesia na 75ª edición dos Óscar e Berbagi Suami na 79ª edición dos premios.[6][7]
Propostas[editar | editar a fonte]
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[8] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Indonesia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Harmetz, Aljean (21 de febreiro de 1989). The New York Times, ed. "Nomination Intricacies For Foreign-Film Oscar".
- ↑ Honeycutt, Kirk (24 de novembro de 1998). "45 Nations Vying For Oscar". The Hollywood Reporter. Consultado o 19 de marzo de 2009.
- ↑ Sneider, Jeff (19 de outubro de 2006). "Oscar race counts 61 countries". Variety. Consultado o 7 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ thewrap.com (ed.). "Italy Heads Latest Batch of Oscar Foreign Submissions". Consultado o 3 de outubro de 2010.
- ↑ oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". Consultado o 19 de xaneiro de 2011.
- ↑ oscars.org (ed.). "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2011.
- ↑ variety.com (ed.). "Indonesia introduces Oscar to 'Dancer'". Consultado o 25 de setembro de 2012.
- ↑ Merdeka (ed.). "'Sang Kiai' daftarkan diri di oscar 2014". Consultado o 8 de outubro de 2013.
- ↑ AMPAS (ed.). "83 Countries In Competition For 2014 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 10 de outubro de 2014.
- ↑ Simanjuntak, Tertiani (23 de setembro de 2016). The Jakarta Post, ed. "'Surat dari Praha' to represent Indonesia at Oscars". Consultado o 23 de setembro de 2016.
- ↑ Jakarta Globe, ed. (19 de setembro de 2017). "'Turah' to Represent Indonesia at 2018 Oscars". Consultado o 19 de setembro de 2017.
- ↑ Frater, Patrick (18 de setembro de 2018). Variety, ed. "Oscars: Indonesia Selects 'Marlina The Murderer' in Foreign-Language Category". Consultado o 18 de setembro de 2018.
- ↑ The Jakarta Post (ed.). "'Memories of My Body' to represent Indonesia at 2020 Academy Awards". Consultado o 17 de setembro de 2019.
- ↑ Hayati, Istiqomatul (10 de novembro de 2020). "Indonesia Resmi Ajukan Perempuan Tanah Jahanam dalam Penilaian Oscar". Tempo.co. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2020.
- ↑ "Film 'Yuni' Garapan Kamila Andini Terpilih Mewakili Indonesia di Ajang Piala Oscar 2022". Wartakota. 15 de outubro de 2021.
- ↑ Cicilia, Maria (13 de setembro de 2022). Nurcahyani, Ida, ed. ""Ngeri-Ngeri Sedap" wakili Indonesia di Oscar" [Ngeri-Ngeri Sedap to represent Indonesia at the Oscars]. Antara. Consultado o 13 de setembro de 2022.