Lingua vietnamita
| Lingua vietnamita | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Tiếng Việt | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Estudado por
| |||||||||||
| Propiedades | |||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||
|
Alfabeto
| |||||||||||
|
Tempo gramatical
| |||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||
| Xeografía | |||||||||||
|
País
| |||||||||||
|
Orixinario de
| |||||||||||
| Identificadores | |||||||||||
| |||||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||||
|
Descrito pola fonte
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O vietnamita[1] (tiếng Việt, tiếng Việt Nam, ou Việt ngữ), unha lingua tonal, é a lingua oficial de Vietnam (Việt Nam). É a lingua do pobo vietnamita (người Việt ou người kinh), que constitúe arredor do 87% da poboación de Vietnam (e segundo idioma do resto da poboación vietnamita), ademais de selo de 2 millóns de emigrantes vietnamitas, a metade nos Estados Unidos [2]. Aínda que contén moito vocabulario proveniente do chinés, e que foi no pasado escrito usando os ideogramas chineses, non é considerado como emparentado ao chinés senón como unha lingua austroasiática. Antigamente foi coñecido, baixo a dominación francesa, como annamita (véxase Annam). O vietnamita actualmente usa o alfabeto latino, complementado cunha chea de acentos diacríticos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]O vietnamita pertence ao grupo viet-muong, da rama mon-khmer da familia austroasiática, unha familia que tamén inclúe a lingua khmer, que se fala en Camboxa, e varios idiomas tribais e rexionais, como as linguas mundas, que se falan no nordeste da India, e outros máis no sur da China e a península malaia.
Considérase que o vietnamita pertence á superfamilia áustrica (que tamén inclúe as linguas austronesias como o malaio, o cham, o malgaxe, o maorí, e o hawaiano), aínda que se discutiu a clasificación da superfamilia áustrica, xa que algúns lingüistas considérana como unha lingua illada.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]De acordo coa publicación The Ethnologue, o vietnamita fálase en Australia, Camboxa, Canadá, China, Costa do Marfil, Finlandia, Francia, Alemaña, Laos, Martinica, os Países Baixos, Nova Caledonia, Noruega, Filipinas, o Senegal, Tailandia, o Reino Unido, os Estados Unidos e Vanuatu.
Historia
[editar | editar a fonte]É probábel que no pasado distante o vietnamita haxa compartido máis características cos outros idiomas da familia austroasiática, como unha morfoloxía inflexiva e unha variedade máis rica de grupos consonánticos, mais estes trazos realmente desapareceron da lingua. Porén, o vietnamita estivo moi influído pola súa situación no sprachbund do sueste asiático, co resultado de adquirir características como a morfoloxía illante e a tonoxénese. Estas características, aínda que poderían existir na lingua protoaustralasiática, chegaron a ser unha dos varios idiomas non relacionados filoloxicamente do sueste asiático. Por exemplo, o tailandés (unha das idiomas tai-kadai), o tsat (un membro da familia malaio-polinesia dentro da austronesia), e o vietnamita desenvolveron tons como característica fonémica, aínda que as súas idiomas ancestrais non eran tonais orixinariamente.
O antepasado do idioma vietnamita estaba situado nun comezo na rexión do río Vermello no que hoxe é o norte do Vietnam, e durante a expansión posterior do pobo vietnamita para o que hoxe é Vietnam central e Vietnam do sur (pola conquista do reino antigo Champa e o pobo camboxana do delta do Mekong, nos arredores de Saigón/Cidade Ho Chi Minh na actualidade), o vietnamita foi influído lingüisticamente ao principio, polos idiomas indios e malaio-polinesios, ata que o chinés empezou a dominar politicamente a metade do primeiro milenio antes de Cristo.
Coa dominación política chinesa vén a importación radical do vocabulario e a influencia gramatical chinesa. Posto que o chinés foi, durante un período prolongado, o único idioma da literatura e o goberno, e tamén o idioma principal da clase dirixente en Vietnam, gran parte do léxico vietnamita consiste en hán việt, é dicir, palabras derivadas do chinés. De feito, mentres que a lingua vernácula de Vietnam gradualmente gañou prestixio ao principio do segundo milenio, o vietnamita seguiu escribíndose usando os caracteres chineses (ver chữ nôm) que se adaptaron para escribir en vietnamita, como no Xapón (ver Kanji), Corea, e outros países da esfera cultural chinesa.
Mentres aumentaba o contacto co Occidente, o sistema quốc ngữ de escritura romanizado no século XVII foi desenvolvido por portugueses e outros europeos involucrados na conversión relixiosa e o comercio en Vietnam. Porén, a escrita romanizada non chegou a dominar ata principios do século XX, cando se xeneralizou o seu uso ao considerarse que un sistema de escritura máis sinxelo podía mellorar a educación e a comunicación da poboación en xeral.
Status oficial
[editar | editar a fonte]O vietnamita é o idioma oficial de Vietnam.
Dialectos
[editar | editar a fonte]Hai varios dialectos intelixíbeis entre si (algúns máis intelixíbeis que outros). Os tres dialectos principais son:
| Nome moderno | Dialectos rexionais | Nome anterior |
|---|---|---|
| Vietnamita do norte | Dialecto de Hanoi, outros dialectos do norte: Haiphong e varias formas provinciais | Tonkinés |
| Vietnamita central | Dialecto Huế, Dialecto Nghệ An, Dialecto Quảng Nam | Alto anamés |
| Vietnamita do sur | Dialecto de Saigón, Dialecto do Mekong (Afastado oeste) | cochinchinao |
Estes dialectos son un pouco distintos en canto ao ton, aínda que o dialecto de Huế é marcadamente diferente aos demais. Os tons hỏi e ngã son máis distintos no dialecto do norte que no do sur.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vietnamita.
- ↑ Linguas faladas no fogar. US Census 2000
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Lingua vietnamita |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- en inglés
- VDict: Dicionarios online de vietnamita
- Informe do Ethnologue sobre o vietnamita Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- Vietnamese Writing System: Un esbozo sobre a escrita vietnamita.
- 20 leccións Arquivado 10 de outubro de 2009 en Wayback Machine.
- Vietnamese 101: Aprendizaxe online do vietnamita
- Teclado vietnamita en liña
