Filmes propostos ó mellor filme internacional na 33ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ingmar Bergman, director do filme gañador.

Os seguintes 12 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 33ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Francia, Italia, México Suecia e Iugoslavia. O filme gañador desa edición foi Jungfrukällan, en representación de Suecia.[1]

O Brasil presentou un filme a competición por vez primeira.

Propostas[editar | editar a fonte]

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental Faust Alemán Peter Gorski Non nomeado
 Brasil A Morte Comanda o Cangaço Portugués Carlos Coimbra e Walter Guimarães Motta Non nomeado
 España A las cinco de la tarde Castelán Juan Antonio Bardem Non nomeado
 Exipto El morahekate Árabe Ahmed Diaeddin Non nomeado
Francia A verdade Francés Henri-Georges Clouzot
Nomeado
 Hong Kong Qian nü you hun Mandarín Li Han-hsiang Non nomeado
India India Mughal-e-Azam Hindi e urdú K. Asif Non nomeado
Italia Italia Kapò Italiano Gillo Pontecorvo
Nomeado
Iugoslavia Iugoslavia Deveti krug Serbocroata France Štiglic
Nomeado
 México Macario Castelán Roberto Gavaldón
Nomeado
Suecia Suecia Jungfrukällan Sueco Ingmar Bergman Premio da Academia
 Xapón Akibiyori Xaponés Yasujirō Ozu Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. oscars.org (ed.). "The 33rd Academy Awards (1961) Nominees and Winners". Consultado o 29 de outubro de 2011.