Filmes de Eslovaquia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eslovaquia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 1993. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

As propostas de Eslovaquia son decididas anualmente pola Academia de Cinema e Televisión Eslovaca (Slovenská filmová a televízna akadémia).[5] Até o ano 2022, vinte e seis filmes eslovacos foron presentados para a súa consideración, mais finalmente ningún deles foi nomeado para o premio. Seis das propostas foron dirixidas por Martin Šulík.

Até o ano 1993, Eslovaquia formaba parte constituínte de Checoslovaquia, e checos e eslovacos colaboraban de xeito habitual nas producións nacionais. Obchod na korze, que gañou o premio ó mellor filme en lingua non inglesa en 1966 para Checoslovaquia, era unha produción en lingua eslovaca. Tamén foi o primeiro filme presentado por Checoslovaquia en ser nomeado ó Óscar.[6]

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[7] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Eslovaquia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Director Resultado
1993
(66ª)
Všetko čo mám rád Šulík, MartinMartin Šulík Non nomeado
1994
(67ª)
Anjel milosrdenstva Luther, MiloslavMiloslav Luther Non nomeado
1995
(68ª)
Záhrada Šulík, MartinMartin Šulík Non nomeado
1997
(70ª)
Orbis Pictus Šulík, MartinMartin Šulík Non nomeado
1998
(71ª)
Rivers of Babylon Balco, VladimírVladimír Balco Non nomeado
1999
(72ª)
Všichni moji blízcí Mináč, MatejMatej Mináč Non nomeado
2000
(73ª)
Krajinka Šulík, MartinMartin Šulík Non nomeado
2002
(75ª)
Kruté radosti Nvota, JurajJuraj Nvota Non nomeado
2003
(76ª)
Král zlodejov Fíla, IvanIvan Fíla Non nomeado
2005
(78ª)
Slnečný štát[8] Šulík, MartinMartin Šulík Non nomeado
2007
(80ª)
Návrat bocianov Repka, MartinMartin Repka Non nomeado
2008
(81ª)
Slepe lásky Lehotský, JurajJuraj Lehotský Non nomeado
2009
(82ª)
Nedodržaný sľub[9] Chlumský, JiříJiří Chlumský Non nomeado
2010
(83ª)
Hranica Vojtek, JaroslavJaroslav Vojtek Non nomeado[10]
2011
(84ª)
Cigán[11] Šulík, MartinMartin Šulík Non nomeado
2012
(85ª)
Až do mesta Aš[12] Grófová, IvetaIveta Grófová Non nomeado
2013
(86ª)
Môj pes Killer[13] Fornay, MiraMira Fornay Non nomeado
2014
(87ª)
Krok do tmy[14] Luther, MiloslavMiloslav Luther Non nomeado
2015
(88ª)
Koza[15] Ostrochovský, IvanIvan Ostrochovský Non nomeado
2016
(89ª)
Eva Nová[16] Škop, MarkoMarko Škop Non nomeado
2017
(90ª)
Čiara[17] Bebjak, PeterPeter Bebjak Non nomeado
2018
(91ª)
Tlumočník[18] Šulík, MartinMartin Šulík Non nomeado
2019
(92ª)
Nech je svetlo[19] Škop, MarkoMarko Škop Non nomeado
2020
(93ª)
Správa[20] Peter Bebjak Non nomeado
2021
(94ª)
Cenzorka[21] Kerekes, PéterPéter Kerekes Non nomeado
2022
(95ª)
Oběť[22] Blaško, MichalMichal Blaško Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Source: http://www.aic.sk/aic/slovensky-film/v-zahranici/archiv/navrat-bocianov-sa-bude-uchadzat-o-oscara-2008.html
  6. [1]
  7. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  8. Mladá fronta DNES, ed. (29 de setembro de 2005). "Slovensko na Oscary vysílá Sluneční stát" (en checo). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  9. screendaily.com, ed. (30 de setembro de 2009). "Jiri Chlumsky's Broken Promise selected as Slovakia's Oscar entry". Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  10. oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". Consultado o 19 de xaneiro de 2011. 
  11. oscars.org (ed.). "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2011. 
  12. Holdsworth, Nick (20 de setembro de 2012). Variety, ed. "'Made' for Oscar foreign lingo consideration". Reed Business Information. Consultado o 21 de setembro de 2012. 
  13. Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Slovakia Nominates 'My Dog Killer' for Foreign Film Category". Consultado o 21 de setembro de 2013. 
  14. Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Slovakia Selects 'A Step Into the Dark' for Foreign-Language Category". Consultado o 19 de setembro de 2014. 
  15. IndieWire, ed. (21 de setembro de 2015). "Slovakia Chooses Berlin's 'Goat' as Oscar Submission". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  16. Holdsworth, Nick (22 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Slovakia Selects 'Eva Nova' for Foreign-Language Category". Consultado o 23 de setembro de 2016. 
  17. Kozlov, Vladimir (21 de setembro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Slovakia Selects 'The Line' for Foreign-Language Category". Consultado o 21 de setembro de 2017. 
  18. News Now, ed. (7 de agosto de 2018). "Film Tlmocnik to Compete in 2019 Oscars Race". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2018. Consultado o 8 de agosto de 2018. 
  19. Variety (ed.). "Oscars: Slovakia Selects Drama About Far-Right Youth Let There Be Light as Entry". Consultado o 12 de setembro de 2019. 
  20. "Slovensko pošle do boja o Oscara film Správa". Omediach. 6 de novembro de 2020. Consultado o 6 de novembro de 2020. 
  21. "Slovenským kandidátom v boji o Oscara je film Cenzorka, na ktorom pracovali šesť rokov". TA3. 14 de outubro de 2021. Consultado o 14 de outubro de 2021. 
  22. "Slovakia selects Venice, Toronto title 'Victim' as Oscars 2023 international feature entry (Exclusive)". Screen Daily. 14 de setembro de 2022. Consultado o 14 de setembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]