Lingua persa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Persa
فارسی / Fārsī
Pronuncia: /fɒrˈsi/
Falado en: Irán, Afganistán, Taxiquistán e diáspora
Rexións: Asia occidental meridional
Total de falantes: Uns 60.000.000
Familia: Indoeuropea
 Indoiranias
  Iranias
   Iranias occidentais
    occidentais setentrionais
     Persa
Escrita: Escrita perso-arábiga. O taxico utiliza o alfabeto cirílico
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Si
Regulado por: Academia da Lingua e Literatura Persa
Códigos de lingua
ISO 639-1: fa
ISO 639-2: per (B), fas (T)
ISO 639-3: fas
SIL: prs
Persian Language Location Map1.png.

O persa ou parsi[1] (فارسی, fārsī) é unha lingua indoirania da familia das linguas indoeuropeas, fálase principalmente en Irán, Afganistán (oficialmente coñecida como dari) e Taxiquistán (coñecida como taxico). Goza de status de lingua oficial en Irán, en Afganistán so o nome de darí segundo garante a nova Constitución de Afganistán, e no Taxiquistán como taxico.

A súa orixe está na fala das tribos asentadas no suroeste da planicie iraniana [2] que deron orixe ao imperio aqueménida, coñecido como persa antigo converteuse na lingua das clases gobernantes do imperio pero non substituiu ao arameo como lingua franca, consérvanse só unhas poucas inscricións desta época, pero o feito de ser utilizado por outros pobos contribuíu á súa simplificación e a intrudución de léxico foráneo, a partir do século III a.C é o época do persa medio, falado no período sasánida ata o século IX [3], e do cal derivan as actuais linguas literarias modernas persa moderno, darí e o taxico. Na India o persa foi desde o século XVI a lingua da corte, da elite e da administración do Imperio Mogol [4] pese a estar rexido por unha dinastía de orixe turcófona.

É falada por máis de 60 millóns de persoas no Irán. En canto ao persa falado en Irán é coñecido como iraniano ou fārsī (sempre persa, en galego), a variedade do persa medio falada en Afganistán é denominado darí. Actualmente, o persa e o darí son escritos nunha variante do alfabeto árabe. E a variedade do persa medio falada Taxiquistán, é o taxico, e é escrito en alfabeto cirílico.

A pesar de utilizar unha forma do alfabeto árabe, o persa é unha lingua completamente diferente do árabe, con gramática e fonoloxía completamente diversas. O persa é unha lingua do tipo "suxeito-obxecto-verbo". O persa é unha lingua indoeuropea e o árabe é unha lingua camito-semita.

Ortografía[editar | editar a fonte]

Aínda que utiliza o mesmo alfabeto árabe que a lingua árabe, o persa engade 4 letras, e cambia a forma doutras 2. As 4 letras adicionais no persa son:

Sonido Forma Nome en Unicode
/p/ پ Peh
/ʧ/ (ch) چ Tcheh
/ʒ/ (zh) ژ Jeh
/ɡ/ گ Gaf

As letras con forma diferente son:

sonido letra árabe orixinal letra persa modificada nome
/k/ ك ک Kaf
/j/ y /i:/, ou raramente /a:/ ي o ى ی Ye

As marcas diacríticas que se utilizan no alfabeto árabe ou harakat, úsanse tamén para o persa, aínda que algunhas delas teñen distinta pronunciación. Por exemplo, en árabe Damma pronúnciase como /u/, mentres que en persa se pronuncia coma /o/.

O alfabeto persa tamién engade a noción de pseudo-espazo ao alfabeto árabe, chamado Zero Width Non-Joiner (ZWNJ) co estándar Unicode. Actúa coma un espazo que desconecta dúas letras adxacentes que, doutra banda, estarían xuntas, pero non ten unha extensión visual.

Outra característica remarcable é que moitas palabras persas con raíz de procedencia árabe se escriben de distinta forma que a palabra árabe da que proceden. Alef con Hamza debaixo (إ) sempre cambia a Alef (ا), Te Marbuta (ة) normalmente, pero non sempre, cambia a Te (ت) ou He (ه), e as palabras que utilizan varias hamzas escríbense con outro tipo de hamza (coma مسؤول que se convierte en مسئول).

Outras linguas coma o paxtó ou o urdú asimilaron esas nocións e, en ocasións, extendéronas con novas letras ou signos de puntuación.

Fonoloxía[editar | editar a fonte]

O contraste funcional entre vogais parece radicar entre as longas {/i:/, /u:/, /ɑ:/} e as curtas {/e/, /o/, /æ/}. Polo tanto, parece posible representar as vogais coma segue {/i:/, /u:/, /a:/} y {/i/, /u/, /a/}. Tamén nótese que /tʃ/ e /dʒ/ son africadas, non oclusivas. O siguinte cadro é unha adaptación de Structural Sketch of Persian. Pode que el lector necesite caracteres do A.F.I. para ver caracteres fonéticos.

Vogais
 
anteriores
posteriores
 pechadas
i:
u:
 medias
e
o
 abertas
æ
ɑ:

Consoantes[editar | editar a fonte]

Consoantes
 
labial

alveolares

palatais

velares

glotais

 xordas oclusivas
p
t
k
ʔ
 sonoras oclusivas
b
d
g
 
 xordas fricativas
f
s
ʃ
x
h
 sonoras fricativas
v
z
ʒ
ɣ
 
 nasais
m
n
     
 líquidas  
l, r
     
 semivogais    
j
   


Fonema son (en IPA) letra Romanización Exemplo(s)
/p/ [p] پ p پارسی
/b/ [b] ب b بانو
/t/ [t] ت , ط t توران
/d/ [d] د d دنيا
/k/ [k] ک k كشور
/g/ [g] گ g گروه
/ʔ/ [ʔ] ء , ع ' , Ø معنا، جزء
/tʃ/ [tʃ] چ ch, č, c چوب
/dʒ/ [dʒ] ج j, ǰ جوان
/f/ [f] ف f فارسی
/v/ [v] و v ويژه
/s/ [s] س , ص, ث s سايه
/z/ [z] ز , ذ , ض , ظ z آزاد
/ʃ/ [ʃ] ش sh, š شاه
/ʒ/ [ʒ] ژ zh, ž پژوهش
/x/ [x] خ kh, x خانواده
/ɣ/ [ɣ] غ , ق gh, q, ġ باغ
/ɣ/ [ɢ] غ , ق q, gh قلم
/h/ [h] ه , ح h حال
/m/ [m] م m نام
/n/ [n] ن n نان
/l/ [l] ل l لب
/ɾ/ [ɾ] ر r ايران
/ɾ/ [r] ر r رستوران
/j/ [j] ی y يا

Gramática[editar | editar a fonte]

Exemplos[editar | editar a fonte]

Tradución Palabra Pronunciación estándar
terra خاک khâk
ceo آسمان âseman
arroz برنج berenj
auga آب âb
fogo آتش âtash
home مرد mard
muller زن zan
xantar, comer خوردن khordan
beber نوشیدن noushidan
grande بزرگ bozorg
pequeno كوچک kuchak
noite شب shab
día روز ruz
ti تو to
meu ام -am

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario da Real Academia Galega
  2. Frye, Richard N.. "History of the Persian Language in the East (Central Asia)". http://www.richardfrye.org/files/History_of_the_Persian_Language_in_the_East.pdf. Consultado o 8 de setembro de 2013. 
  3. "Persian Language". Encyclopædia Britannica. http://www.britannica.com/EBchecked/topic/452817/Persian-language. Consultado o 8 de setembro de 2013. 
  4. Alam, Muzaffar. The Pursuit of Persian: Language in Mughal Politics. Modern Asian Studies, Vol. 32, No. 2 (May, 1998), pp. 317-349. http://www.muslimmodernities.org/uploads/Alam-Persian%20Lang%20in%20Mughal%20Politics.pdf. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua persa.