Filmes de Moldavia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Moldavia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 2013.[3] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[4] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[5]
Propostas
[editar | editar a fonte]A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[4] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Moldavia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
2013 (86ª) |
Toti copiii domnului[3] | Romanés e italiano | Adrian Popovici | Non nomeado |
2014 (87ª) |
La limita de jos a cerului[7] | Romanés | Igor Cobileanski | Non nomeado |
2022 (95ª) |
Carbon[8] | Romanés e ruso | Ion Borș | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Tunete[9] | Romanés | Ioane Bobeica | Non nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Variety (ed.). "Oscar's Final Foreign-Language List Includes a Few Surprises". Consultado o 8 de outubro de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ AMPAS (ed.). "83 Countries In Competition For 2014 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 10 de outubro de 2014.
- ↑ "“Carbon” directed by Ion Borș among Oscars submissions". IPN Press Agency. 21 de setembro de 2022. Consultado o 21 de setembro de 2022.
- ↑ Carțîn, Svetlana (2023-09-26). "R. Moldova înaintează filmul autohton TUNETE, în regia lui Ioane Bobeica, la premiile Oscar pentru categoria "Cel mai bun lungmetraj internațional"". TVR Moldova (en romanés). Consultado o 10 de decembro de 2023.