Filmes de Alxeria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Costa-Gavras dirixiu Z (1969), o primeiro filme presentado por Alxeria e o primeiro en gañar o premio.

Alxeria presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1969. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Até o ano 2022, catro filmes alxerianos foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, e outro máis, Z de Costa-Gavras, gañou o premio.[5] Os outros dous directores cuxos filmes foron finalmente nomeados ó premio son Ettore Scola e Rachid Bouchareb. Le Bal de Scola foi aceptado como nomeado na 56ª edición dos premios.[6] Bouchareb ten dous filmes aceptados como nomeados: Poussières de vie na 68ª edición e Indigènes na 79ª edición.[7]

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[8] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que Alxeria presentou para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Director Resultado
1969
(42ª)
Z Costa-Gavras Premio da Academia[9]
1975
(48ª)
Chronique des années de braise Lakhdar-Hamina, MohammedMohammed Lakhdar-Hamina Non nomeado
1982
(55ª)
Vent de sable Lakhdar-Hamina, MohammedMohammed Lakhdar-Hamina Non nomeado
1983
(56ª)
Le Bal Scola, EttoreEttore Scola
Nomeado[10]
1987
(60ª)
La Dernière image Lakhdar-Hamina, MohammedMohammed Lakhdar-Hamina Non nomeado
1991
(64ª)
Cheb Bouchareb, RachidRachid Bouchareb Non nomeado
1994
(67ª)
Automne... Octobre à Alger Lakhdar-Hamina, MalikMalik Lakhdar-Hamina Non nomeado
1995
(68ª)
Poussières de vie Bouchareb, RachidRachid Bouchareb
Nomeado[11]
1996
(69ª)
Salut cousin! Allouache, MerzakMerzak Allouache Non nomeado
2000
(73ª)
Little Senegal Bouchareb, RachidRachid Bouchareb Non nomeado
2001
(74ª)
Inch'Allah dimanche Benguigui, YaminaYamina Benguigui Non nomeado
2002
(75ª)
Rachida Chouikh, Yamina BachirYamina Bachir Chouikh Non nomeado
2006
(79ª)
Indigènes Bouchareb, RachidRachid Bouchareb
Nomeado[12]
2008
(81ª)
Masquerades Salem, LyesLyes Salem Non nomeado
2010
(83ª)
Hors-la-loi Bouchareb, RachidRachid Bouchareb
Nomeado[13]
2012
(85ª)
Zabana![14] Saïd Ould Khelifa Non nomeado
2015
(88ª)
Ghouroub Edhilal[15] Mohammed Lakhdar-Hamina Non nomeado
2016
(89ª)
Le Puits[16] Lotfi Bouchouchi Non nomeado
2017
(90ª)
La Route d'Istanbul[17] Rachid Bouchareb Non nomeado
2018
(91ª)
Ila akher ezaman[18] Yasmine Chouikh Non nomeado
2019
(92ª)
Papicha[19] Mounia Meddour Non nomeado
2020
(93ª)
Héliopolis[20] Djafar Gacem Retirado
2021
(94ª)
Héliopolis[21] Djafar Gacem Non nomeado
2022
(95ª)
Nos frangins[22] Bouchareb, RachidRachid Bouchareb Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Mackay, Mairi (26 de xullo de 2008). CNN, ed. "Legend Costa-Gavras shoots new film on home turf". Consultado o 22 de agosto de 2008. 
  6. "Ettore Scola - Awards". The New York Times. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  7. "Rachid Bouchareb - Awards". The New York Times. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  8. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  9. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "The 42nd Academy Awards (1970) Nominees and Winners". Consultado o 1 de abril de 2018. 
  10. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "The 56th Academy Awards (1984) Nominees and Winners". Consultado o 20 de abril de 2018. 
  11. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "The 68th Academy Awards (1996) Nominees and Winners". Consultado o 20 de abril de 2018. 
  12. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "The 79th Academy Awards (2007) Nominees and Winners". Consultado o 20 de abril de 2018. 
  13. oscars.org (ed.). "Nominees for the 83rd Academy Awards". Consultado o 25 de xaneiro de 2011. 
  14. Vourlias, Christopher (27 de setembro de 2012). "'Zabana!' to carry Algeria Oscar hopes". Variety (Reed Business Information). Consultado o 27 de setembro de 2012. 
  15. AMPAS, ed. (9 de outubro de 2015). "81 Countries In Competition For 2015 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 9 de outubro de 2015. 
  16. Salazar, Francisco (11 de setembro de 2016). Latin Post, ed. "Oscar 2017 Predictions: 'The Well' will Represent Algeria at the Oscars". Consultado o 11 de setembro de 2016. 
  17. dia-algerie, ed. (19 de setembro de 2017). "Rachid Bouchareb représentera finalement l'Algérie aux Oscars 2018". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2017. Consultado o 19 de setembro de 2017. 
  18. Holdsworth, Nick (17 de setembro de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Algeria Selects 'Until the End of Time' for Foreign-Language Category". Consultado o 17 de setembro de 2018. 
  19. Deadline Hollywood, ed. (12 de xullo de 2019). "Oscars: Algeria Submits Papicha, Kicking Off International Feature Film Race". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  20. "Djaâfar Gacem's Héliopolis shortlisted for Oscar best international film 2021". Algeria Press Service. 18 de outubro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  21. "Héliopolis de Djaâfar Gacem en compétition pour l'Oscar du meilleur film international". APS. 21 de outubro de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  22. "Le film de Rachib Bouchareb « Nos frangins » représentera l’Algérie aux Oscars 2023". DIA. Consultado o 6 de setembro de 2022.