Filmes de Nova Zelandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nova Zelandia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez en 2011.[3][4] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[5] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[6]

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[7] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[5] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Nova Zelandia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua(s) Director Resultado
2011
(84ª)
O Le Tulafale[8] Samoano Tamasese, TusiTusi Tamasese Non nomeado
2013
(86ª)
Tuakiri Huna[9] Maorí Rotberg, DanaDana Rotberg Non nomeado
2014
(87ª)
The Dead Lands[10] Maorí Fraser, ToaToa Fraser Non nomeado
2016
(89ª)
A Flickering Truth[11] Dari Brettkelly, PietraPietra Brettkelly Non nomeado
2017
(90ª)
One Thousand Ropes[12] Samoano Tamasese, TusiTusi Tamasese Non nomeado
2018
(91ª)
Yellow Is Forbidden[13] Chinés Brettkelly, PietraPietra Brettkelly Non nomeado
2022
(95ª)
Muru[14] Maorí e inglés Kahi, TearepaTearepa Kahi Non nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. Bulbeck, Pip (29 de setembro de 2011). Hollywood Reporter, ed. "'The Orator' Named New Zealand's First Foreign-Language Oscar Entry". Consultado o 29 de setembro de 2011. 
  4. BBC News, ed. (14 de outubro de 2011). "New Zealand submits Samoan film to Oscars". 
  5. 5,0 5,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  6. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  7. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  8. oscars.org (ed.). "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2011. 
  9. Variety (ed.). "Oscars: New Zealand picks 'White Lies' for Foreign-Language Race". Consultado o 8 de setembro de 2013. 
  10. Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: New Zealand Selects 'The Dead Lands' as Foreign-Language Candidate". Consultado o 26 de setembro de 2014. 
  11. Bulbeck, Pip (21 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: New Zealand Selects 'A Flickering Truth' for Foreign-Language Category". Consultado o 21 de setembro de 2016. 
  12. Stuff, ed. (29 de setembro de 2017). "Oscars 2018: One Thousand Ropes named as NZ's foreign language contender". Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  13. Scoop, ed. (9 de outubro de 2018). "Yellow is Forbidden Submitted to Oscars". Consultado o 9 de outubro de 2018. 
  14. "MURU New Zealand's Submission to the Oscars". New Zealand Film Commission. 20 de setembro de 2022.