Filmes de Costa do Marfil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Jacques Annaud foi o director do primeiro filme nomeado e gañador do premio representando a Costa do Marfil.

Costa do Marfil presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez en 1976. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Propostas[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Costa do Marfil para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua Director Resultado
1976
(49ª)
La Victoire en chantant Francés Annaud, Jean-JacquesJean-Jacques Annaud Premio da Academia
2015
(88ª)
Run[6] Francés Lacôte, PhilippePhilippe Lacôte Non nomeado
2020
(93ª)
La Nuit des rois[7] Francés e diula Lacôte, PhilippePhilippe Lacôte
Lista curta de febreiro[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. Essien, Iquo B. (9 de outubro de 2015). IndieWire, ed. "Philippe Lacôte's Debut Feature 'Run' Is Ivory Coast's Best Foreign Language Film Oscar Entry". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 9 de outubro de 2015. 
  7. McNary, Dave (9 de setembro de 2020). "Neon Buys Ivory Coast Awards Contender 'Night of the Kings'". Variety. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2020. Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  8. Davis, Clayton. "Oscars Shortlists Announced in Nine Categories". Variety. Consultado o 9 de febreiro de 2021.