Saltar ao contido

Lingua norueguesa

Lingua norueguesa
norsk Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
норвежский (ru)
norveçcə (az)
норвезька (uk)
норвегиаг (os) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    norsk (no) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Subclase de
 Estudado por
Características
 Alfabeto
 Xénero gramatical
 Contén partes da clase
Implicados
 Institución de normalización
 Estado de lingua da UNESCO
segura
Clasificación lingüística
Cifras e dimensións
 Número de falantes
   5.200.000 (2015) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Orixinario de
 País
 Mapas
Mapa de distribución
 Coordenadas
Historia
 Historia
Fontes e ligazóns
Freebase/m/05f_3 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC154059 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-1no Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2nor Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3nor Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5nor Editar o valor en Wikidata
IETFno Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC63428231 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O noruegués[1] é unha lingua escandinava e oficial na Noruega. É falada por 5 millóns de persoas en Noruega.

Existen, por lei, dúas formas oficiais de noruegués escrito, o bokmål ("lingua dos libros") e o nynorsk ("noruegués novo").

Non hai un estándar oficial para o noruegués falado, aínda que o sociolecto das clases media e alta de Noruega Oriental, no cal está baseado fundamentalmente o noruegués bokmål, é a forma que se ensina aos estudantes estranxeiros.

Desde o século XVI ata o século XIX, os danés foi a lingua estándar de escritura en Noruega; como resultado, o desenvolvemento do noruegués escrito moderno foi obxecto dunha forte controversia relacionada co nacionalismo, co discurso rural fronte urbano. Historicamente, o bokmål é a forma norueguesizada do danés, mentres que o nynorsk é a forma baseada nos dialectos noruegueses e representa a oposición purista ao danés. Houbo unha política oficial, xa abandonada, de fusionar ambos nun estándar común chamado samnorsk, dándose unha serie de reformas e de variedades de ambos o bokmål e o nynorsk. A forma non oficial riksmål está considerada como máis conservadora do que o bokmål, e a tamén non oficial høgnorsk máis conservadora que o nynorsk.

Os noruegueses edúcanse en ambos o bokmål e o nynorsk. No 2005 un 86.3% afirmaba usar principalmente bokmål como a forma de escritura, un 5.5% bokmål e nynorsk, e un 7.5% basicamente nynorsk. Dun xeito aproximado, pódese dicir que o bokmål e riksmål danse máis nas áreas urbanas e suburbanas, fronte ao nynorsk nas rurais, particularmente na parte occidental de Noruega.

A corporación norueguesa de radiodifusión (NRK) emite tanto en bokmål como en nynorsk, e todas as axencias do goberno deben permitir ambos. O bokmål úsase nun 92% de todas as publicacións.

Como exemplo, móstranse algunhas frases onde se aprecian as diferenzas entre bokmål, nynorsk, riksmål e høgnorsk:

Galego Bokmål Riksmål Nynorsk Høgnorsk
Veño de Noruega Jeg kommer fra Norge

(exactamente igual que en danés)

Jeg kommer fra Norge

(exactamente igual que en danés)

Eg kjem frå Noreg
Como se chama? Hva heter han? Hva heter han? Kva heiter han? Kva heiter han?
Ese é un cabalo Dette er en hest Dette er en hest Dette er ein hest Dette er ein hest
O arco da vella ten moitas cores Regnbuen har mange farger Regnbuen har mange farver Regnbogen har mange fargar Regnbogen hev mange fargar
  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para noruegués.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.