Generalitat Valenciana
A Generalitat do País Valenciano é o conxunto de institucións de autogoberno da Comunidade Valenciana, que até a reforma do Estatuto do 2006 nomeábase Generalitat Valenciana, tal como é coñecida tradicionalmente hoxe en día. Forman parte dela as les Corts, el President e o el Consell.
Ten a súa sede oficial no Palau de la Generalitat da cidade de Valencia, onde está a presidencia, pero as súas institucións pódense xuntar en calquera lar do País Valenciano. As Corts teñen a sede no Palau de Benicarló ou dos Borja, na mesma cidade.
Historia [editar]
As Corts de València do ano 1418 crearon a Deputación do Xeneral o Generalitat (Xeneralidade nunha tradución aproximada ao galego), cunha duración dos cargos por tres anos, tendo unha función puramente de recadación fiscal dos subsidios aprobados polas Corts á monarquía. As cortes de 1510 reorganizaron a designación dos cargos da Generalitat, nun senso máis automático e menos electivo. Con esta estrutura institucionalizarase o organismo durante a idade moderna, até a súa abolición en 1707 polo Decreto de Nova Planta.
A Generalitat actual vaise instaurar no 1982, logo de aprobarse o correspondente Estatuto de Autonomía do País Valenciano, tomando o nome da antiga institución foral.
Institucións da Generalitat [editar]
Segundo se estabeleceu no Estatuto de Autonomía do País Valenciano, forman parte da Generalitat as seguintes institucións:
- Les Corts.
- A Presidencia da Generalitat.
- El Consell ou Govern valencià, e as súas consellerías.
- O Síndic de Greuges, equivalente ao Valedor do Pobo
- A Sindicatura de Comptes.
- O Consell Jurídic Consultiu.
- O Comité Econòmic i Social de la Comunitat Valenciana.
- O Consell Valencià de Cultura.
- A Acadèmia Valenciana de la Llengua.