Esquerra Unida del País Valencià

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Esquerra Unida del País Valencià (EUPV) (en galego: Esquerda Unida do País Valenciano) é un movemento político e social que se configura como unha organización política e xuridicamente soberana, de ámbito territorial valenciano. Aínda así, é a federación valenciana da organización política española Izquierda Unida. A soberanía de EUPV reside na Asamblea do País Valenciano, onde os representantes do total da afiliación participan e deciden en igualdade de condicións.

O obxectivo de Esquerra Unida del País Valencià é a transformación das pautas económicas, sociais, culturais e políticas que rixen o vixente sistema capitalista nun sistema socialista democrático, onde sexa posíbel a plena realización da liberdade, da igualdade e dos Dereitos Fundamentais individuais, políticos, sociais, nacionais e culturais, así como o equilibrio co medio ambiente, a consecución real da igualdade entre mulleres e homes, e a construción dun País Valenciano soberán e solidario.

En 1986 xurdíu Esquerra Unida del País Valencià como coalición integrada polo Partit Comunista del País Valencià unido a outros grupos (PASOC, IR, etc). Nas Eleccións Autonómicas de 1987 EUPV aliouse con Unitat del Poble Valencià (UPV). Posteriormente EUPV presentouse a todalas convocatorias electorais, obtendo representación nas Cortes Valencianas, Cortes Xerais, Parlamento Europeo e centos de concellos. Dende 1990 tense constituido unha corrente interna de esquerdas, ecoloxista e valencianista denominada ESQUERRA I PAIS (www.esquerraipais.org) que é actualmente a minoría maioritaria de EUPV.En las Eleccións Autonómicas de 2003 e nas Xerais de 2004 EUPV presentouse en diversas coalicións con Los Verdes, L'ENTESA, etc. E sempre se puido conformar Grupo parlamentario propio.

Dende 2003 a Coordinadora Xeral de EUPV é Glòria Marcos.

Anteriormente á conformación da actual EUPV constituiuse unha primeira formación con este nome en 1982 integrada polo Moviment Comunista del País Valencià (MCPV), a Lliga Comunista Revolucionària (LCR) e varios grupos independentes de esquerda nacionalista entre os que o principal era a Esquerra Independent de Castelló (EIC). Esta primeira forza denominada EUPV desapareceu en 1983 ao unirse na coalición Unitat del Poble Valencià, que se convertiu en partido político en 1984.

Ferramentas persoais
Outras linguas