Tomiño (planta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tomiño
Thymus vulgaris1.JPG
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Subfamilia: Nepetoideae
Tribo: Mentheae
Xénero: 'Thymus'
Especie: ''T. vulgaris''
Nome binomial
''Thymus vulgaris''
L.

O tomiño[1] ou tomentelo[2] é unha planta aromática da familia das labiáceas. O seu nome científico é Thymus vulgaris L. Dálle nome ó concello de Tomiño.

Descrición[editar | editar a fonte]

Trátase dunha planta vivaz e rastreira, con pólas delgadas e de sección cuadrangular, cubertas de abundante pilosidade. As follas son ovais, obtusas, duns 18x10 mm. As flores nacen no verán, en grupos terminais e cunhas brácteas na base semellantes ás follas, cunha corola bilabiada, de cor rosa púrpura.

O tomiño é planta propia de prados, beiras dos camiños e, en xeral, terreos húmidos, entre os 500 e os 1.500 m de altitude.

Usos medicinais[editar | editar a fonte]

Presenta propiedades antiespasmódicas, antitusivas, expectorantes e antisépticas. Por estas propiedades utilízase na medicina tradicional para tratar problemas respiratorios coma catarro, bronquite, tose etc., así como para casos de inapetencia, malas dixestións, cistite; cómpre ter precaución na dose porque pode provocar reaccións alérxicas, especialmente nos meniños. Por vía externa, serve para combate-lo reumatismo.

O tomiño na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

Para curar o reumatismo quéimase tomiño e nébeda, e co fume afuman ben a camisa do enfermo. Deste xeito a enfermidade desaparecerá por moito tempo ou mesmo para sempre (Lis Quibén).

  • Miña Virxe da Peneda/ está peitanto o cabelo/ cunhas herbiñas do monte/ que lle chaman tormentelo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. No Gran Diccionario Xerais da Lingua (GDXL) do 2000 aparece con este nome para Thymus vulgaris, que tamén consta no VOLGA.
    Para a especie Thymus serpyllum aparecen as denominacións serpol e herba ursa no GDXL e serpol no Dicionario electrónico Estraviz.
    Para a especie Thymus caespititius as denominacións que aparecen no Dicionario electrónico Estraviz son tomentelo (tamén no VOLGA), tomillo bravo (sub voce tremontelo), tromentelo, tremontelo e teneiresa (inexistentes no VOLGA).
  2. O GDXL remite dende tomentelo á outra forma tomiño.
    Como xa se mencionou na outra nota, o Estraviz consigna tomentelo pero para a especie Thymus caespitosa

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tomiño
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tomiño

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • LIS QUIBÉN, Víctor: La medicina popular en Galicia. Madrid 1949 (reed. Akal, Madrid 1980).
  • RIGUEIRO RODRÍGUEZ, Antonio, e outros: Guía de plantas medicinais de Galicia. Galaxia, Vigo 1996.