La Vila Joiosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Vila Joiosa
Bandera de la Vila Joiosa.svg Escut de la Vila Joiosa.svg
Situación xeográfica
Localización de La Vila Joiosa respecto o País ValencianoLocalización de La Vila Joiosa respecto á comarca da Marina Baixa
País España
Comunidade autónoma País Valenciano
Provincia Alacant
Comarca Marina Baixa
Xeografía
Altitude 27 msnm
Superficie 38,50 km²
Poboación
Poboación 32.534 hab. (2008)
Densidade 700,3 hab./km²
Xentilicio Ilicitano/na
Información
Código postal 032XX
Alcalde Gaspar Lloret Valenzuela (PSPV)
Páxina web www.lavilajoiosa.com

La Vila Joiosa (en valenciano: La Vila Joiosa [la'vila dʒo'joza], en castelán: Villajoyosa, cooficiais), chamada normalmente La Vila e antigamente Alonis, é un concello do País Valenciano situado na costa da provincia de Alacant. Conta con 32.534 habitantes (censo de 2008) e é a capital da comarca da Marina Baixa e cabeza de partido xudicial. Popularmente é coñecido co dito: "De la Vila i plores, cabra fotuda" (Da Vila e choras, cabuxa fodida).

Vista do barrio de Sant Joan

Xeografía[editar | editar a fonte]

La Vila Joiosa atópase 32 km ao nordeste da cidade de Alacant. É a capital da comarca da Marina Baixa.[1] Polo casco urbano de La Vila Joiosa pasa o río Amadorio, procedente do pantano de Relleu. O termo municipal conta con 15 km de costa.

Dende Alacant accédese a esta localidade pola AP-7 ou a N-332. O TRAM Metropolitano de Alacant, o trenet de la Marina de FGV, que leva dende Alacant até Dénia ten en La Vila Joiosa unha parada facultativa e de cruzamento de trens (a estación conta con 4 vías) e polo menos 3 máis no seu municipio.

Localidades limítrofes[editar | editar a fonte]

Limita cos termos municipais de Aigües, El Campello, Finestrat e Orxeta.

Demografía[editar | editar a fonte]

Con 30.550 habitantes segundo o censo do 1 de xaneiro de 2007, Villajoyosa é o 12º municipio da provincia de Alacant por poboación. O 18,2% da poboación do municipio era no 2007 da inmigración (da que un 61,1% era doutras nacionalidades da UE).[2]

Evolución demográfica de La Vila Joiosa[3]
1857 1887 1910 1930 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2006 2007
Población 9.110 8.763 9.152 8.715 9.315 11.006 16.258 20.638 23.160 24.246 29.263 30.550

Economía[editar | editar a fonte]

Cidade de grande tradición pesqueira, actualmente na súa economía destacan as industrias de chocolate e o turismo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fonte: Descripcion de La Vila Joiosa en CostaBlanca.org. Páxina da deputación de Alacant.
  2. Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidades (principais nacionalidades).
  3. Fuente: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación desde 1842, Series de poboación dos municipios dende 1996.