Historia Roderici

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia Roderici, ms. 9/4922 da Real Academia Española da Historia, f. 89r.º

A Historia Roderici (ou Gesta Roderici Campidocti) é unha crónica biográfica de Rodrigo Díaz de Vivar escrita en latín no século XII, probabelmente entre 1180 e 1190, por un autor da zona da Rioxa, presumibelmente naxerense.[1][2] En todo caso, a obra é unha das máis antigas biografías do Cid e é a base do coñecemento actual sobre a súa figura. O xurista e historiador Gonzalo Martínez Diez, na súa obra El Cid histórico[3] considéraa a fonte principal dos feitos do heroe lendario castelán.

Características[editar | editar a fonte]

Canto ao seu papel na historiografía española, é unha das obras cumio do xénero das crónicas en latín na Península, que neste século chega precisamente ás súas máis altas cotas, xusto no momento en que as crónicas romances empezan a dar os seus primeiros pasos en forma de breves anais.

Cuestiónase se a obra puido chegar a ser a fonte Cantar de mio Cid, mais ambas as obras parece que tiveron en conta tradicións orais comúns, que neste período da historia producían unha transmisión e fixación nos relatos folclóricos maior que na actualidade. Todo isto fai invalidar a tese de que o seu autor non puido ter un coñecemento rigoroso dos feitos sen formar parte do continxente do Cid como observador directo dos feitos que narra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «la obra (...) no puede antedatar al último cuarto del siglo XII. Además, al haber sido usada para la redacción del Linage [del Cid] (que es, como se ha visto, anterior a 1194), puede aceptarse un arco cronológico en torno a 1180-1190 y una procedencia posiblemente najerense». Alberto Montaner Frutos y Ángel Escobar, «El Carmen Campidoctoris y la materia cidiana», en Carmen Campidoctoris o Poema latino del Campeador, Madrid, Sociedad Estatal España Nuevo Milenio, 2001, pág. 86.
  2. Ian Michael, La imagen del Cid en la historia, la literatura y la leyenda, conferencia pronunciada na Biblioteca Nacional de España, o 17 de maio de 2007, pág. 3. [1]
  3. Gonzalo Martínez Diez, El Cid histórico, Barcelona, Planeta, 1999. ISBN 84-0803-161-9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • MARTÍNEZ DIEZ, Gonzalo, «Una extensa e informada biografía: la Historia Roderici», en El Cid histórico, Barcelona, Planeta, 1999. págs. 21-24. ISBN 84-0803-161-9.
  • MICHAEL, Ian, La imagen del Cid en la historia, la literatura y la leyenda, conferencia pronunciada en la Biblioteca Nacional de España, el 17 de mayo de 2007.
  • MONTANER FRUTOS, Alberto y Ángel Escobar, «El Carmen Campidoctoris y la materia cidiana», en Carmen Campidoctoris o Poema latino del Campeador, Madrid, Sociedad Estatal España Nuevo Milenio, 2001, págs. 13-120. ISBN 9788495486202

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]