Salvia
| Xarxa (xénero Salvia) | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Salvia officinalis |
|||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||
| Especies | |||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||
Salvia é un xénero de plantas da familia das lamiáceas, denominadas comunmente xarxas. Xeralmente a verba xarxa fai referencia á Salvia officinalis, unha especie de grande interese polas súas propiedades curativas como desinfectante e febrífugo. Salvia L., representa cerca sobre 900 especies e distribúese extensamente en varias rexións do mundo, como Suráfrica, arredor de toda América e Asia Sur-Oriental. As plantas son tipicamente de 3-15 dm de altura, herbáceas ou leñosas, coas flores atractivas en varias colores.
Índice |
Etimoloxía [editar]
O termo xarxa vén de salvia, que á súa vez provén do latín “salvare”, que significa “curar”. Na antigüidade utilizábanse as especies de xarxa posto que servía para curar máis de sesenta diversas doenzas desde dores a epilepsia, e tratar principalmente arrefriados, bronquites, tuberculoses, hemorraxias, etc.
Usos [editar]
A xarxa ten usos ornamentais, medicinais e gastronómicos, empregándose como condimento. Tamén é habitual tomala en infusión.
Descrición [editar]
As súas características son as dunha planta aromática da familia Lamiaceae; se ben o seu porte varía de herbáceo a arbustivo, a presenza do labelo superior da flor bilabiada moi conspicuo e curvado cara a abaixo permite a súa identificación.
Especies [editar]
Sinonimia [editar]
|
|
|
Notas [editar]
- ↑ "Salvia". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. http://apps.kew.org/wcsp/synonomy.do?accepted_id=181875&repSynonym_id=-9998&name_id=181875&status=true. Consultado o 14 de abril de 2012.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gülaçti Topçu. 2006. Bioactive Triterpenoids from Salvia Species. J. Nat. Prod. 69: 482-487