Cereixa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cereixa (homónimos).
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa botánica que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A cereixa é o froito da cerdeira.
[editar] Descrición
A cereixa é un pequeno froito carnoso e cun carozo, que soe ser de cor vermella e de forma esférica, de cor xeralmente vermella máis ou menos escura, máis raramente amarela. O seu tamaño pode variar de pouco máis dun centímetro a dous ou tres. O pedúnculo é longo (rabo da cereixa). Sobre o plano botánico é unha drupa. Na árbore é habitual atopala en pequenos acios de dúas a catro cereixas.
[editar] Historia e etimoloxía
As poboacións europeas coñecían e consumían desde fai polo menos o IV milenio a.C., unha variedade de cereixa autóctona, a da cerdeira de monte (Prunus avium). A selección permitiu pouco a pouco seleccionar os dos froitos máis grosos e os máis doces, os máis precoces ou os máis suculentos.
Unha variedade moi coñecida polo seu sabor e tamaño é a picota, que non se recolle da árbore senón cando cae polo seu propio peso (un mes despois cas demais).