Ibn al-Abbar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abū Abd Allāh Muhammad ibn Al-Abbār

Datos persoais
Nacemento 1199
Lugar Valencia, al-Ándalus
Falecemento 6 de xaneiro de 1260
Lugar Tunes
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Árabe
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Poesía, qasida
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Abū Abd Allāh Muhammad ibn Al-Abbār ou Abdallah ben Abderrahmán Ebn Alabar Alcodai, nado en Valencia, al-Ándalus en 1199 e finado en Túnez o 6 de xaneiro de 1260, foi un poeta, historiador, diplomático, político e erudito valenciano de al-Ándalus, da época árabe.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era orixinario dunha influente familia xemenita de Onda, cidade da Taifa de Valencia. Durante a súa vida en Valencia foi un destacado poeta e brillou profesionalmente na secretaría dos gobernadores de Valencia, até que, sitiada a cidade por Xaime I, foi enviado a Tunes a pedirlle axuda ao emir dos Háfsidas de Tunisia, Abu Zakariya, ante quen recitou unha qasida famosa:

Aberto está o camiño. Aos teus guerreiros guía,
oh, dos oprimidos constante valedor!
Auxilio che demanda a bela Andalucía;
a liberdade espera do teu heroico valor...
Abū Abd Allāh Muhammad ibn Al-Abbār (tradución dunha tradución castelá de Juan Valera)

Tras a conquista de Valencia por Xaime I, Ibn al-Abbar instalouse en Tunes, e seguiu traballando de forma destacada como secretario de goberno, pero o emir al-Mustansir ordenou executalo en 1260, queimando máis tarde o seu cadáver xunto a todos os seus escritos.

Obra[editar | editar a fonte]

Está considerado como un dos escritores máis egrexios do século VI da héxira.

As súas obras literarias máis importantes, al Hulla al Siyara (A túnica recamada) e a Takmila, son unha colección de biografías dos príncipes e magnates norteafricanos e andaluces, unhas magníficas crónicas que documentan a historia medieval do islam occidental. Distinguiuse tamén como poeta, especialmente polas súas qasidas ou poesías dedicadas á perda de Balansiyya (Valencia) ou a que describe as tráxicas circunstancias polas que está pasando Al-Ándalus no século XIII.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Casiri, Bibliotheca Arábico- hispana (Madrid, 1760)
  • Derembourg, Manuscrits árabes de l Escurial (París, 1884)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]