Marqués
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un marqués é aquela persoa cun dos títulos nobiliarios europeos cos que os monarcas mostran o seu recoñecemento e gratitude a certas persoas e liñaxes. Foron chamados ao principio marqueses os magnates que tiñan ao seu cargo a defensa e a administración dunha marca dentro do Imperio carolingio. Á súa vez, as marcas eran territorios fronteirizos.