Rodrigo Díaz de Vivar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodrigo Díaz de Vivar
Spain Burgos statue the Cid.jpg
Estatua do Cid, en Burgos
Datos persoais
Nacemento: c 1043
¿Vivar del Cid?, Burgos
Defunción: 1099
Valencia
Alcume: "El Cid", "El Campeador" ou "Mio Cid"

Rodrigo Díaz de Vivar, coñecido nas crónicas latinas como Campidoctor e na literatura castelá como El Campeador, Mio Cid ou El Cid (do árabe andalusí Sayyid, señor)., nado contra o 1043 e finado en 1099, foi un militar castelán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Creese que naceu en Vivar, localidade situada preto da cidade de Burgos no seo da nobreza e educouse na corte real castelá; foi alférez de Sancho II de Castela e converteuse nun importante xeneral que loitou contra os musulmáns.

Entre os anos 1081 e 1087 El Cid, desterrado por Afonso VI de Castela, serviu como mercenario do emir Mutamin de Zaragoza, mentres que de 1089 a 1092 fixo prisioneiro a Ramón Berenguer II, conde de Barcelona, cercando a cidade de Valencia, a cal gobernou dende 1094 ata a data da súa morte en 1099.

Literatura[editar | editar a fonte]

Reprodución dunha páxina do manuscrito Cantar de Mío Cid conservado na Biblioteca Nacional de España

Historia Roderici (c. 1110, en latín) é a primeira crónica que se conserva sobre Rodrigo Díaz de Vivar. As crónicas árabes de Ibn Alcama (1116) e Ibn Bassam (1109) tamén recollen informacións sobre El Cid, pero nun ton claramente contrario á súa persoa.

O Poema de Mio Cid ou Cantar de Mio Cid (1201-1207) incorpora moitos feitos históricos, o manuscrito que se conserva data do século XIV. O poema anónimo Mocedades de Rodrigo é do século XIV e consérvanse máis de 200 romances anónimos sobre a súa figura que datan do século XV e XVI.

En 1618 Guillén de Castro escribiu Las mocedades del Cid, na que se baseou Pierre Corneille para escribir Le Cid en 1636. De 1657 é El honrador de su padre de Juan Bautista Diamante.

Co romanticismo produciuse un interese pola súa figura, traduciuse o Poema de Mio Cid ou diversos romances sobre a súa figura ao inglés, ao alemán e ao francés. Máis tarde José Zorrilla escribiu a súa Leyenda del Cid (1882) e Eduardo Marquina o drama Las hijas del Cid (1908)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rodrigo Díaz de Vivar

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]