Tesouro do Cabezo Redondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conxunto do Tesouro de Cabezo Redondo.

O Tesouro do Cabezo Redondo é un achado áureo atopado na primavera de 1963 no Cabezo Redondo, poboado argárico situado a 2 km da cidade de Villena (Alacant). Está composto por 35 pezas de adorno persoal (un diadema, aneis, brazaletes, colgantes, contas de colar, espirais, cintas e un pequeno lingote de ouro) que alcanzan os 150 g de peso e pénsase que formaron parte dos materiais dun ourive, debido á presenza do lingote. Especulouse moito sobre a súa estreita relación co Tesouro de Villena.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Soler García, José María (1967). Outra ed.: Historia 16, Ano VII, núm. 73 (maio 1982), pp. 121-128., ed. Los tesoros de Villena (en español). Editado por Alacant: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2005. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]