Xixona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 38°32′21″N 0°30′29″W / 38.53917°N 0.50806°W / 38.53917; -0.50806

Xixona
Bandera de Xixona.svg Escudo de Jijona.png
Xixona poble.jpg
Xixona
Situación xeográfica
Localización de Xixona respecto o País ValencianoLocalización de El Campello respecto á comarca do Alacantí
País España
Comunidade autónoma País Valenciano
Provincia Alacant
Comarca Alacantí
Xeografía
Altitude 26 msnm
Superficie 163,76 km²
Poboación
Poboación 7.575 hab. (2008)
Densidade 46,26 hab./km²
Xentilicio Xixonenco/a
Información
Código postal 03100
Alcalde Ferrán Verdú Monllor (PSPV)
Páxina web www.xixona.es/

Xixona[1] (en valenciano: Xixona, en castelán: Jijona, as dúas denominacións cooficiais) é un concello do País Valenciano, situado na comarca do Alacantí, na provincia de Alacant. É famoso por ser o lugar onde se produce o doce de Nadal do turrón, tanto a variedade de Xixona como a de Alacant. Conta con 7.575 habitantes (INE 2008).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Atópase situada a 25 km ao norte de Alacant. No seu termo municipal atópanse tamén a montaña e o porto da Carrasqueta, paso natural para comunicar Alacant con Alcoi. Polo suroeste do termo pasa o río Montegre, que proveniente do pantano de Tibi diríxese cara á Horta de Alacant. Ao seu paso polo municipio xixonenco atópase a pequena pedanía de Montnegre. A súa montaña máis alta é "La Carrasqueta" con 1.300 metros de alzada (1.020 metros ao paso da estrada N-340).

O termo municipal está poboado de inmensas fragas de piñeiros e carrascas en altas montañas de máis de 1.000 msnm, o que dá lugar a vistas de vales e barrancos en vertical, así como do mar Mediterráneo debido á súa proximidade; con todo, outras partes do seu termo municipal, as máis próximas á costa, sofren dunha desertización preocupante.

Demografía[editar | editar a fonte]

Xixona conta con 7.575 habitantes (INE 2008).

Evolución demográfica de Xixona[2]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2006 2008
Población 6.028 6.212 6.901 7.323 6.862 6.059 6.942 5.729 6.383 8.117 8.816 7.867 7.337 7.596 7.575

A poboación flutúa segundo a estación do ano; no verán o número de habitantes é menor.

Economía[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, a economía xixonenca baseouse nunha dualidade entre a produción e comercialización de xeados no verán e a de turrón en inverno, complementada pola agricultura de secano, na cal destacaba o cultivo da amedoeira, cuxo froito é materia prima para o turrón. Durante os séculos XIX e XX, foi natural que durante gran parte do ano moitos xixonencos se atopasen repartidos por todo o mundo, coma por exemplo en Cuba e outras partes de Iberoamérica vendendo os seus xeados e turróns. Existen moitas marcas artesás e fábricas de turrón.

Monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • El Castell: un castelo, edificio de interese arquitectónico, onde destaca a súa Torre Grossa.
  • Convent del Orde dels Pares Franciscans: edificio de interese arquitectónico barroco e neoclásico.
  • Ermida de Santa Bàrbara.
  • Igrexa de Santa Maria.
  • Museo do Turrón, onde se conservan lembranzas da familia Sirvent Selfa fundadora das marcas El Lobo e 1880.

Festas[editar | editar a fonte]

Celébranse festas de Mouros e cristiáns na segunda quincena de febreiro. Estes Mouros e Cristiáns son tamén chamados "Festas dos Xeadores".

As festas patronais da localidade, tamén de Mouros e Cristiáns, celébranse en agosto, na fin de semana máis achegada ao día 24, San Bertomeu, co-patrono de Xixona xunto a Sant Sebastià.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1296. ISBN 9788482887524.
  2. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Series de poboación dos municipios dende 1996.