Petrer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Petrer
Escudo de Petrel.png
Petrer, Vinalopo Mitja, Alicante province, Spain.jpg
Vista aérea do concello.
Situación xeográfica
Localització de Petrer respecte el País Valencià.pngLocalització de Petrer respecte el Vinalopó Mitjà.png
País España
Comunidade autónoma País Valenciano
Provincia Alacant
Comarca Vinalopó Mitjà
Xeografía
Altitude 678 msnm
Superficie 104,26 km²
Poboación
Poboación 41.109 hab. (2008)
Densidade 321,18 hab./km²
Xentilicio Petrerí/ina
Información
Código postal 03610
Alcalde Celia Lledó Rico (PP)
Páxina web www.petrer.es
Castelo de Petrer Nevado.

Petrer é un concello do País Valenciano situado no centro interior da provincia de Alacant, na comarca do Vinalopó Mitjà. O núcleo urbano de Petrer atópase completamente fusionado co de Elda, formando a conurbación Elda-Petrer.

Petrer ten 33.486 habitantes (INE 2007), poboación que aumentou moito grazas ao seu desenvolvemento industrial. A súa economía está baseada na fabricación de todo tipo de calzado, así como nunha puxante industria da marroquinaría.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Petrer atópase situado na cunca media do Vinalopó, río que discorre pola zona oeste do seu termo municipal.

Cunha superficie de 104,2 km², limita ao norte cos municipios de Castalla e Sax, ao sur cos de Novelda e Montfort; ao leste con Agost e ao oeste con Elda, poboación coa cal forma unha conurbación de 88.845 habitantes.

O relevo de Petrer, eminentemente montañoso, está constituído por un corredor estreito existente entre as terras baixas de Elx e a meseta de Villena, situado ao fondo dunha cubeta entre importantes somontes, destacando as serras do Cid, do Caball e o Maigmó. O clima, sendo mediterráneo, caracterízase pola escaseza e irregularidade das choivas, e unhas temperaturas agradables, con invernos curtos e pouco fríos e unha estación estival longa.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía da comarca ten como actividade principal o calzado. Actualmente parece experimentarse un proceso no cal intégranse, xunto ás fases produtivas da industria do calzado, un sector primario crecente (actividades agrícolas e mineiras) e un sector de servizos.

A industria do calzado e a marroquinaría convertéronse, ao longo dos anos, no tecido produtivo básico. O tamaño da empresas (pequeno e mediano), así como a súa organización, permiten unha ampla flexibilidade e adaptación á demanda de distintos volumes de pedido de zapatos, bolsos e outros complementos.

Na actualidade existen preto de 220 empresas de calzado, o que representa preto do 45% do total. O resto de actividades industriais son, por orde de importancia, as empresas de construción, marroquinería e a industria agroalimentaria que, malia o seu escaso número, están plenamente introducidos no mercado internacional.

Demografía[editar | editar a fonte]

Petrer conta con 33.486 habitantes (INE 2007), o que representa o 37,72% da poboación da conurbación Elda-Petrer. Dende os anos 70 do século XX, Petrer absorbeu grande parte do medre demográfico de Elda, grazas a ter o municipio petrerí unha maior superficie edificábel, especialmente no barrio de la Frontera entre os dous termos.

A porcentaxe de inmigrantes censados en Petrer é do 3,34% (INE 2006), o máis baixo de tódolos municipios de máis de 2.000 habitantes da provincia de Alacant.[1] A meirande parte dos inmigrantes do municipio proceden de Iberoamérica.

Evolución demográfica de Petrer[2]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2007
Poboación 2.889 3.402 3.928 3.992 4.120 5.290 5.506 6.145 10.615 15.804 20.361 24.383 29.567 39.486

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fonte: Explotación estatística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades).
  2. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Series de poboación dos municipios dende 1996.