Al-Mugrib fī ḥulā al-Magrib

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O extraordinario sobre as xoias de Occidente
Extracto do capítulo sobre Villena, no que se fala sobre o poeta Hasan Rashid.
Título orixinalAl-Mugrib fī ḥulā al-Magrib
Autor/aIbn Sa'īd al Magribī
OrixeAl-Ándalus
LinguaÁrabe
Xénero(s)Poesía, xeografía, historiografía
Data de pub.Arredor de 1240
editar datos en Wikidata ]

Al-Mugrib fī ḥulā al-Magrib (en árabe المغرب في حلى المغرب) é unha obra do granadino Ibn Sa'īd al Magribī escrita no século XIII. O seu título significa O extraordinario sobre as xoias de Occidente. Está a metade de camiño entre unha antoloxía poética e unha obra xeográfica, xa que reúne información sobre os poetas do Magrebe organizados segundo a súa orixe xeográfica: os de Córdoba, os toledanos, os valencianos etc.

Cada capítulo rexional está ademais divido en sub-seccións, primeiro a capital provincial, logo as localidades máis importantes. Esta clasificación é moi interesante desde o punto de vista xeográfico, xa que dá fe de cales eran as divisións, como estaban subdivididas, cales eran as principais localidades e a categoría das mesmas. O seu método, sistemático, divide os núcleos de poboación en tres categorías principais: medina (cidade), hisn (fortificación) e qarya (aldea ou alquería). Esta terminoloxía foi a habitual durante os séculos XII e XIII en al-Ándalus.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]