Vértice xeodésico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vértice xeodésico no monte do Castro (Mourente, Pontevedra).

Un vértice xeodésico é unha sinal que indica unha posición cartográfica exacta, e que forma parte dunha rede de triángulos xunto a outros vértices xeodésicos. A súa localización adoita situarse en lugares altos e illados, con liña de visión directa cara a outros vértices.

Rede de vértices española[editar | editar a fonte]

En España a rede xeodésica está dividida en tres categorías. Todos os vértices dunha rede son á súa vez vértices das máis pequenas. A rede de primeira orde está formada por triángulos de entre 30 e 70 km. Na de segunda orde os lados dos triángulos teñen entre 10 e 25 km. A rede de terceira orde ten lados de 5 a 10 km.

Placa nun vértice.

Son de formigón e están pintados de branco. Están formados por un cilindro branco de 120 cm de altura e 30 de diámetro, sustentado nunha base cúbica. Desde 1975 están protexidos pola Lei sobre sinais xeodésicas e xeofísicas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]