Artes gráficas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As artes gráficas son aquelas dedicadas á elaboración de todo tipo de elementos visuais, fundamentalmente a técnicas de gravado e debuxo, aínda que adoita restrinxirse o termo ás técnicas relacionadas coa imprenta.

Historia[editar | editar a fonte]

A expresión artes gráficas aparece trala invención dos tipos móbiles por Johannes Gutenberg cara a 1450, como forma de agrupar todos os oficios que se relacionaban coa impresión tipográfica, como era a acomodación dos tipos, a impresión, a encadernación, o terminado, e todas as variantes ou procesos adicionais que se lle facían ao material impreso.

Máis tarde aparece a litografía, un sistema de impresión desenvolvido por Aloys Senefelder, quen sabendo que a auga e o aceite repélense naturalmente, utilizo unha pedra calcaria e unha barra de cera para realizar unha impresión, co que revolucionou as artes gráficas, co paso do tempo a pedra foi cambiada por unha lámina de aluminio ou de cinc.

Debido á urxente necesidade de xerar impresións de mellor calidade aparece a preprensa ou fotomecánica. Esta nova parte do proceso de impresión utilizaba grandes maquinas, e cámaras especiais para dividir a cor das imaxes en CMYK (cián, maxenta, amarelo e negro polas súas siglas en inglés: cyan, magenta, yellow, key); o termo Key ("chave") fai referencia á sobreimpresión do negro para mellorar a calidade do traballo.

E evoluciónase á impresión offset (fóra de lugar), a cal mellora significativamente a calidade da impresión ao utilizar un sistema indirecto, de tres cilindros.

Máis tarde acuñáronse outras formas de impresión como a serigrafía, a flexografía, o ocogravado ou rotogravado, entre moitos outras.

Actualmente inclúese a impresión de dixital, e grazas ao avance tecnolóxico e as novas tecnoloxías os procesos que se necesitaban para realizar un traballo reducíronse, hoxe en día cando nos referimos á arte nas artes gráficas faise referencia case que exclusivamente ao deseño gráfico, debido a que o demais deixou de ser arte para converterse en técnica.