Tixola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tixolas nunha cociña
Tixola preparando unhas verduras salteadas.

Unha tixola é un utensilio de cociña, empregado para fritir, xeralmente en aceite ou manteiga. O aparello consiste nun recipente metálico de bordos baixos e abertos suxeito a un mango, xeralmente plástico (baquelita). Actualmente adóitanse facer con teflón antiadherente, que facilita moito a cocción ou fritura dos alimentos.

Recibe en galego outros nomes coma: fritideira, frixideira, sartaña ou tixela. A paella (ou paelleira) e o filloeiro (ou freixoeira) son tipos de tixolas.

Características[editar | editar a fonte]

Os materiais máis comúns de fabricación de tixolas son:

  • Aluminio: Trátase dun material lixeiro que consegue unha óptima distribución da calor. Porén, non está indicado para cociñas de indución.
  • Aceiro non aleado. É axeitado para todo tipo de cociñas.
  • Aceiro inoxidable. Pode presentar problemas nas cociñas de indución.

Consellos prácticos[editar | editar a fonte]

  • Recoméndase evita-lo uso culleres metálicas para non risca-lo interior das tixolas. Durante a cocción, pódense empregar no seu lugar utensilios feitos de pau ou plástico.
  • Desaconséllase as tixolas de teflón por ser un material altamente canceríxeno.
  • Recoméndase lavar as tixolas cunha esponxa evitando introducilas no lavalouza ou o emprego de estropallos metálicos.
  • Para evitar perdas da calor cómpre escoller a tixola máis axeitada ao tamaño da cociña. Deste xeito evitaranse tamén pegotes e cheiros por derramamentos sobre o lume.
  • É imprescindible orienta-lo mango da tixola cara o interior da cociña para evitar posibles accidentes domésticos.
  • É importante que o mango sexa dun material illante para evita-la calor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Na cociña Valenciana a Paella
  • Tixola de cociña asiática Wok (e o seu estilo de cociña stir fry)
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tixola