Educación Secundaria Obrigatoria
- ESO redirixe a esta páxina. Para más información sobre o European Southern Observatory, véxase Observatorio Espacial Europeo.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. (Se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.) |
| Sistema educativo español |
|---|
| Réxime xeral |
|
| Réxime especial |
A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é o nivel educativo en ensino medio en España, obrigado dende a implantación da LOGSE a comezos dos anos noventa.
[editar] Características
A Educación Secundaria Obrigatoria consta de catro subniveis agrupados en dous ciclos:
- 1º ciclo: 1º e 2º da ESO
- 2º ciclo: 3º e 4º da ESO
A idade do alumnado da ESO é a partir dos 12 anos en diante. O 1º e 2º cursos da ESO corresponden ao 7º e 8º da antiga Educación Xeral Básica (EXB) e o 3º e 4º cursos da ESO corresponden a 1º e 2º do anterior Bacharelato Unificado Polivalente (BUP).
A entrada na ESO prodúcese a partir da Educación Primaria, e a saída, cara ó mundo do traballo, programas de Garantía Social, ciclos de Formación profesional ou Bacharelato, posibilidades presentes en función dos resultados acadados. Está contemplada a posibilidade de repetir un máximo de dous cursos, un en cada cun dos ciclos. Na actualidade está entrando en vigor a LOE (Lei Orgánica da Educación), co que este nivel sufrirá cambios nos próximos cursos ó deixar de ter vigor a anterior lei, LOXSE.