Tortilla francesa
A tortilla francesa ou omelette é un prato elaborado con ovo batido e cociñado con manteiga ou aceite de oliva (depende da zona) nunha tixola. En realidade trátase dunha tortilla de ovo que se serve como acompañamento ou entrante. A forma que adquire durante o seu cociñado é semellante á dunha folla redonda. A versatilidade deste prato é tan grande que existen innumerables variacións.
Índice |
Orixe da tortilla francesa [editar]
A orixe da expresión "tortilla francesa" difire do pensamento xeneralizado, segundo o cal este prato provén de Francia. O prato ten a súa orixe na España da Guerra da Independencia. Debido á guerra e aos bloqueos comezaron a escasear algúns alimentos, incluíndo as patacas, ingrediente necesario para elaborar unha tortilla. Así foi como se comezaron a elaborar tortillas simples, sen patacas, as cales foron chamadas pola xente a xeito de broma "tortilla francesa".
Variantes [editar]
- Na gastronomía española existe unha variedade de tortilla chamada tortilla de patacas[Cómpre referencia], este prato está elaborado con patacas e ovo (ás veces con cebola) e cocíñase con aceite de oliva. En Inglaterra denomínase tortilla española e adoita ter queixo ou anaquiños de xamón.
- A Western omelette, denominada tamén Denver omelette, é unha tortilla francesa elaborada con anacos de xamón, cebolas, e pementos. Sérvese a miúdo no medio oeste dos Estados Unidos, as veces engádeselle queixo e adoita estar acompaña con patacas fritidas.
- Nos Estados Unidos, existe a denominación Spanish omelette, trátase dunha tortilla francesa servida con salsa de tomate picante, cebolas, e pementos verdes.
- A Frittata é a tortilla francesa da cociña italiana, esta contén queixo, vexetais, e incluso pasta. A Frittate cocíñase lentamente.
- No Xapón, elabórase unha tortilla francesa chamada omuraisu, pronunciada omuretsu, que significa "tortilla" e "arroz". A Omu-soba é outro tipo de tortilla francesa con yakisoba como recheo.
- Na Arxentina, a tortilla francesa coñécese como Omelette e adoita rechearse con xamón, queixo, tomate, maionesa, etc. para ser logo enrrollada e formar unha especie de canelón.
- Na China elabórase un tipo de tortilla rechea de ostras.
- En Tailandia chámase kai yat sai.