Arcaísmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os arcaísmos son palabras que existían no galego medieval, mais que na actualidade non se aceptan por se consideraren antigas debido a tres factores:

  • Algunhas destas palabras xa eran pouco usuais na época medieval (ex. *vegada, por vez).
  • Outras voces interpretáronse mal: como o tan empregado erroneamente *conquerir (usado como conseguir), e que na Idade Media significaba conquistar.
  • E incluso outras formas estaban nunha fase evolutiva (como *caor ou *coor)

Outros arcaísmos[editar | editar a fonte]

  • *capiduo, *caloña, *estormento, *estoria, *maor, *mor, *outo, *tiduo, *trebuto... Algúns deles existen actualmente nos topónimos, como é o caso de Montouto ou Toxosoutos.

A aceptación[editar | editar a fonte]

Existen casos específicos onde un termo moi habitual do galego medieval si que se acepta. Este pode ser o caso dos indefinidos ren e res, que figuraban no DRAG en 2014. Ás veces a lingua común ou a terminoloxía e a neoloxía poden botar man de formas antigas para ampliar o seu significado á actualidade e recuperar o seu uso. Así, estas dúas palabras, perdidas no galego oral, recuperáronse a partir de galego medieval (ou a partir do seu outro herdeiro directo, o portugués).