Ontinyent
| Ontinyent | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | País Valenciano |
| Provincia: | Valencia |
| Comarca: | Vall d'Albaida |
| Xeografía | |
| Altitude: | 382 msnm |
| Superficie: | 125,40 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 37.518 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 290,02 hab./km² |
| Xentilicio: | Ontiñentí/ina |
| Información | |
| Código postal: | 46870 |
| Alcalde: | Maria Lina Insa Rico (PP) |
| Sitio na web: | www.ontinyent.es |
Ontinyent (en valenciano e oficialmente Ontinyent) é un concello do País Valenciano situado ao suroeste da provincia de Valencia, na comarca do Vall d'Albaida. Conta con 37.518 habitantes (INE 2008).
Índice |
Xeografía[editar]
Situada á beira do río Clariano. O relevo é moi montañoso constituído no seu maior parte pola Serra Grossa, que serve de muralla que pecha a comarca polo oeste.
O clima é mediterráneo frío, con xeadas de primavera e neves no inverno; os veráns son extremadamente calorosos, aínda que adoita refrescar un pouco pola noite.
Dende Valencia, accédese a esta localidade a través da A-7 para enlazar coa CV-40 e finalizar na CV-650. Conta tamén con estación do ferrocarril pertencente á liña Xátiva-Alcoi.
Localidades limítrofes[editar]
O concello de Ontinyent limita ao sueste con Bocairent (València), ao leste con Agullent (València), ao norleste con Aielo de Malferit (València), ao norte con Moixent e Vallada (València), ao suroeste con Fontanars dels Alforins (València) e Banyeres de Mariola (Alacant), e ao sur con Alfafara (Alacant).
Demografía[editar]
Ontinyent conta con 36.695 habitantes (INE 2007). Segundo este censo, un 11,9% da súa poboación é da inmigración.[1]
| Evolución demográfica de Ontinyent[2] | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2006 | 2007 | 2008 | ||||
| 10.489 | 11.165 | 11.430 | 12.390 | 12.470 | 12.342 | 13.564 | 14.689 | 18.787 | 23.685 | 28.123 | 29.511 | 31.343 | 36.368 | 36.695 | 37.518 | ||||
Entre os censos de 1920 e 1930, diminuíu a poboación por independizarse Fontanars dels Alforins
Economía[editar]
A economía de Ontinyent descansa principalmente na industria téxtil, con grandes empresas que ao longo dos anos foron referencia no País Valenciano e internacionalmente: Colortex, Paduana, Revert... son só algúns exemplos. Con todo, a crise do sector téxtil fíxose patente na comarca e na cidade pecharon non só empresas que pola súa fortaleza eran bandeira da industria ontiñentina, como a téxtil Paduana e dentro do xero de punto a fábrica de Torró, senón tamén moitas outras de menos forza e algunhas industrias e empresas doutros sectores que dependían do sector téxtil.
Ademais posúe unha riqueza agrícola considerable. A súa vexetación constitúena fundamentalmente piñeiros e outras como tomillo, romeu e a aulaga. Os cultivos que ocupan o fondo dos vales son: vide, oliveiras, alfarrobeiras, amendoeiras, cereais e diferentes árbores de froitas.
Notas[editar]
- ↑ Fonte: Explotación estatística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades).
- ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Series de poboación dos municipios dende 1996.