Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cieza.
Cieza é un concello español situado ao norte da Rexión de Murcia, capital da comarca da Vega Alta del Segura e porta natural á Rexión de Murcia polo norte desde a meseta manchega. Actualmente ten 35.385 habitantes (INE 2010), sendo a sexta cidade por poboación da rexión, detrás de Murcia, Cartagena, Lorca, Molina de Segura e Alcantarilla.
Cieza posúe un rico e vivo patrimonio cultural, no que cada ano pódese gozar das súas festas, como as de Semana Santa e San Bartolomé; tamén garda moitos tesouros arqueolóxicos que percorren todas as épocas: pinturas rupestres, poboados íberos, restos romanos, e a impresionante Medina Siyâsa -cidade árabe-, que domina o actual emprazamento de Cieza desde a saia do Castelo e con exposición permanente no museo da cidade.
[editar] Demografía
[editar] Localidades irmandadas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas