Fiúncho
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Fiúncho | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Foeniculum vulgare | ||||||||||||
O fiúncho, fiollo ou fieiteiro (Foeniculum vulgare) é a única especie do xénero Foeniculum. Nativa da Europa meridional, en especial da costa do mar Mediterráneo, onde medra en estado silvestre, é unha herba perenne e sumamente aromática, cultivada polo seu emprego na cociña.
Índice |
[editar] Descrición
O fiúncho é unha planta herbácea e erecta, dunha cor verde intensa, e pode chegar a acadar os dous metros de altura. As súas follas son longas e delgadas, acabando en segmentos en forma de agulla, que se endurecen exteriormente no verán para evita-la perda de auga. As flores aparecen en ramiños de 20 a 50 flores sobre pedúnculos curtos.
[editar] Emprego
A planta emprégase comunmente na cociña típica de Andalucía e sobre todo na confección de encurtidos, aliños e salsas, por aportarlle un típico arrecendo semellante á menta.
[editar] Propiedades
En herboristerías considérase unha planta con propiedades diuréticas; cultívase para extraer a parte inferior que ten unha especie de cebola.
[editar] Insulto italiano
Na actualidade, en Italia emprégase tamén o insulto finocchio cos significados de home efeminado ou homosexual. A orixe desta aldraxe provén da Idade Media, cando o Tribunal eclesiástico da Inquisición queimaba na fogueira ós homosexuais (entre outros e outras) e cubría á vítima coas follas frescas do fiúncho para que o suplicio durase máis tempo.
[editar] O fiúncho na cultura popular
- Caseime no mes de agosto/ porque había moito pan,/ o forno da miña sogra/ cría o fiollo no vran.