Cabra
| Capra ibex nubiana | ||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||||
| Capra aegragus | ||||||||||||||
Capra é un xénero dos caprinos, que comprende na actualidade nove especies viventes, entre elas:
- Capra aegagrus (egagro, cabra bezoar ou cabra salvaxe).
- Capra caucasica (cabra do Cáucaso central).
- Capra cylindricornis (cabra do Cáucaso oriental).
- Capra falconeri (markor).
- Capra ibex (cabra alpina)
- Capra nubiana (íbex nubio, considerada en ocasións unha subespecie do íbex).
- Capra pyrenaica (cabra montesa).
- Capra sibirica (íbex siberiano, considerado, ás veces, unha subespecie do íbex)
- Capra walie (íbex do Simien)
Índice |
Aspectos xerais [editar]
Case todas as especies adscritas ao xénero son alopátridas (é dicir, especiacións por aillamento xeográfico). Os únicos casos de superposicións das áreas de distribución son os do egagro e o da cabra do Cáucaso oriental, e a do markor e do íbex siberiano; tales superposicións non teñen en conta, en gran medida, a aparición de híbridos ou formas intermedias, que son perfectamente posíbeis, como demostraron os cruzamentos en catividade, que producen híbridos fértiles.
A caza excesiva á que foron sometidas moitas especies cabrúas voltounas naturalmente desconfiadas; porén, a pesar dese carácter desconfiado, xunto coa ovella (Ovis aries), foron os animais que primeiro foron domesticados polo ser humano (se exceptuamos o can).
Denominacións [editar]
A cría da cabra cando xa deixou de mamar recibe o nome de cabuxa, cando aínda mama chámase cabrito. O macho adulto da cabra recibe nomes como bode, castrón, chibo (chibo tamén pode ser lactante) ou godallo.
Galería de imaxes de cabras [editar]
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de cabras de Galicia