Aeroporto de Alacant-Elx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Alacant-Elx
Aeropuerto de Alicante-Elche
Aeroport d'Alacant-Elx

Torre Control Alicante.jpeg
Torre de control do aeroporto

IATA: ALC – ICAO: LEAL
Sumario
Tipo Público
Propietario AENA
Operador AENA
Cidade/Illa Alacant e Elx
Localización L'Altet/Torre del Pla, Elx
Elevación (msnm) 141 pés / 43 metros
Coordenadas 38°16′56″N 00°33′29″W / 38.28222°N 0.55806°W / 38.28222; -0.55806Coordenadas: 38°16′56″N 00°33′29″W / 38.28222°N 0.55806°W / 38.28222; -0.55806
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
10/28 3.000 9.842 asfalto
Estatísticas (2010)
Pasaxeiros 9.382.935
Operacións 74.474
Carga (kg) 3.112.660

O Aeroporto de Alacant-Elx é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado entre as pedanías ilicitanas de L'Altet e Torre del Pla, a 9 km ao suroeste de Alacant e 10 km ao este de Elx. Pola súa situación, este aeroporto dá servizo a unha gran parte da Comunidade Valenciana. Tradicionalmente tivo un importante tráfico charter, actualmente a maior parte do tráfico é regular e internacional.

Ocupa o sexto lugar na rede aeroportuaria española segundo número de pasaxeiros, tras os aeroportos de Madrid-Barajas, Barcelona, Palma, Málaga e Gran Canaria e sitúase entre os 50 de maior tránsito dentro de Europa. Tras os resultados estatísticos do mes de decembro de 2010, ocupa a cuadraxésima posición na rede aeroportuaria europea segundo número de pasaxeiros. Ademais, representa o aeroporto de maior tráfico de pasaxeiros da Comunidade Valenciana, con 9.382.935 pasaxeiros en 2010.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]