José María Soler García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José María Soler García
Monumento jose maria soler.JPG
Monumento a José María Soler en Villena
Datos persoais
Nacemento 30 de setembro de 1905
Lugar Villena
Falecemento 25 de agosto de 1996
Lugar Villena
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Español
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Arqueoloxía, historia, folclore
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

José María Soler García, nado en Villena (Alacant) o 30 de setembro de 1905 e finado no mesmo lugar o 25 de agosto de 1996, foi un arqueólogo, historiador, investigador, lingüista e folclorista español. É a persoa que estudou Villena e a súa comarca en maior profundidade e nun maior número de eidos, xa que todas as súas investigacións foron sempre na dirección de escrutar todo o que concernía á súa cidade natal.

Fundou o museo arqueolóxico da cidade, ao que se lle deu o seu nome na súa honra despois de que descubrira o Tesouro do Cabezo Redondo e o de Villena. A Fundación municipal José María Soler,[1] constituída tras a súa morte, ten como misión manter o seu legado cultural e convoca cada ano Premios de Investigación en varios niveis sobre a cidade e a área circundante.[2]

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en 1905, fillo dun avogado villenense. Na súa xuventude distinguiuse pola súa participación en varias actividades culturais, escribiu na prensa local e foi director dun grupo teatral de afeccionados. Xa naquel momento era popular na cidade pola súa cultura e coñecementos. Ingresou en Correos en 1917 en Madrid e en 1925 foi destinado a Villena. Durante esta época traballaba repartindo correo e pasaba moitas horas na biblioteca do casino de Cieza.[3] En 1936 chegou a Xefe de Correos de Villena.

Durante a guerra civil foi mobilizado polo exército republicano, aínda que só realizou funcións postais. Ao volver a Villena en 1939 foi deposto do seu posto en Correos e encarcerado "polo seu auxilio á rebelión", aínda que foi liberado pouco despois. É entón, durante os primeiros anos da posguerra e coa cidade dominada por unha minoría triunfadora coa que estaba en desacordo, cando se reclúe no seu domicilio e comeza as súas primeiras indagacións históricas e arqueolóxicas. Para gañarse a vida, tivo que traballar como profesor dunha academia privada, e posteriormente como contable e xefe de oficina, entre outros pequenos labores.[4]

Ademais, foi cronista e arquiveiro de Villena desde 1950 e tamén, desde ese mesmo ano, comisario local de escavacións arqueolóxicas. En 1957 fundou o museo arqueolóxico cos materiais que fora recopilando desde 1940. Ao descubrir, en 1963, primeiro o Tesouro do Cabezo Redondo e logo o de Villena, foi designado 'director perpetuo' do museo, que pasou a chamarse na súa honra Museo Arqueolóxico "José María Soler". Sempre permaneceu solteiro e residiu, xunto a unha irmá tamén solteira, na súa mesma casa natal. Xa desde a década de 1950 pertenceu a diversos centros e institucións provinciais e autonómicas da Comunidade Valenciana. En 1970 recuperou de maneira simbólica o seu posto en Correos, dado que xa se xubilara.[4] Seguiu investigando e publicando practicamente até a súa morte, que ocorreu en 1996. Os seus restos descansan no Panteón de Ilustres de Villena.[5]

Traxectoria persoal[editar | editar a fonte]

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Entrada do Museo Arqueolóxico "José María Soler".
Conxunto do Tesouro de Villena.
Mapa dos sitios arqueolóxicos do termo de Villena, a maioría dos cales son achados de Soler.

En 1939, tras a guerra civil española, Soler dedicou a maior parte da súa actividade investigadora á arqueoloxía da zona. Durante moitos anos realizou unha notable tarefa de campo dedicada á prospección da comarca villenense, descubrindo poboados e restos prehistóricos entre os que destacan o máis antigo, a Cova do Cochino, un asentamento da época musteriense no Paleolítico medio e o excepcional poboado de Bronce coñecido como Cabezo Redondo, cunhas singulares circunstancias que o converten nun dos máis importantes desta época en España.

Non menos de vinte asentamentos prehistóricos foron descubertos dentro da comarca villenense por José María Soler e neles efectuou un meritorio labor de escavación e estudo, cuns resultados tanxibles que poden admirarse no Museo Arqueolóxico. Alí atópanse os abundantes materiais provenientes dos descubrimentos e escavacións realizados por Soler, nunha tarefa levada a cabo persoalmente, co esporádico auxilio dalgún colaborador e practicamente sen medios nin axudas oficiais.

O seu principal achado foi o Tesouro de Villena, encontrado en 1963, e que, composto por 66 pezas, case a totalidade de ouro, constitúe o tesouro de vaixela áurea máis importante de España e o segundo de toda Europa, só superado polo das Tumbas Reais de Micenas, Grecia.[6]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Soler escribiu varios libros acerca dos seus traballos arqueolóxicos, algúns outros de investigación histórica ou folclórica e incluso un dicionario sobre as variantes dialectais do castelán en Villena. Ademais, pronunciou decenas de conferencias e escribiu centos de artigos en periódicos e revistas de moi variada índole, tanto a nivel local como rexional e estatal. A continuación segue unha lista dos seus libros publicados:[7]

  • Arqueoloxía
    • 1956. El yacimiento musteriense de "La Cueva del Cochino" (Villena-Alicante)
    • 1965. El tesoro de Villena
    • 1969. El oro de los tesoros de Villena
    • 1981. El Eneolítico en Villena
    • 1987. Excavaciones arqueológicas en el Cabezo Redondo (Villena, Alicante)
    • 1991. La Cueva del Lagrimal
    • 1993. Guía de los yacimientos y del Museo de Villena
  • Historia
    • 1948. Crónica de las Fiestas de septiembre de 1948
    • 1969. La Relación de Villena de 1575
    • 1976. Villena: Prehistoria - Historia - Monumentos
    • 1981-1988. Historia de Villena
    • 1993. La colección numismática de José Mª Soler
    • 2006. Historia de Villena: desde la Prehistoria hasta el siglo XVIII (reed. 2009)
  • Lingüística
    • 1993. Dicionario villenero (reed. 2005)
  • Música e folclore
    • 1979. El Polifonista villenense Ambrosio Cotes
    • 1986. Cancionero popular de Villena (reed. 2005)[8]
  • Temas varios
    • 1958. Bibliografía de Villena y su Partido Judicial
    • 1976. I Congreso Nacional de Fiestas de Moros y Cristianos
    • 1984. Soldadescas, Comparsas y Toros

Condecoracións[editar | editar a fonte]

Entre outras de menor entidade, as distincións máis importantes que recibiu foron as seguintes:

Ademais, o Concello de Villena dedicoulle unha rúa do centro en 1979.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Páxina da Fundación municipal José María Soler
  2. "La Fundación José María Soler convoca los premios de investigación" (en español) (html). Diario Información. 17 de abril de 2009. http://www.diarioinformacion.com/secciones/noticia.jsp?pRef=2009041700_18_875788__Elda-Fundacion-Jose-Maria-Soler-convoca-premios-investigacion. Consultado o 25 de marzo de 2012.
  3. Soler García, José María. Autobiografía de José María Soler García. Edición dixital: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2005. http://www.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=14962&portal=127. Consultado o 25 de marzo de 2012.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Rojas, Alfredo; Vicente Prats (2002). De Villena y los Villeneros (1ª ed.). Villena: Apadis, M.I. Ayuntamiento de Villena e C.A.M.. ISBN 84-607-4789-1.
  5. "Los restos de Soler serán trasladados al Panteón de Ilustres". El Periódico de Villena. 6 de abril de 2006. http://www.elperiodicodevillena.com/noticia.asp?idnoticia=63601. Consultado o 25 de marzo de 2012.
  6. Decreto 66/2005, de 1 de abril, polo que se declara Ben de Interese Cultural a Colección Arqueolóxica do Tesouro de Villena
  7. Fundación Municipal José María Soler (2009). "Legado y obra". http://www.josemariasoler.org/seccion.asp?idseccion=85. Consultado o 25 de marzo de 2012.
  8. "Presentado el Cancionero de Soler". El Periódico de Villena. 6 de febreiro de 2006. http://www.elperiodicodevillena.com/noticia.asp?idnoticia=63125. Consultado o 25 de marzo de 2012.
  9. "Cancionero Popular de Villena". Gran Enciclopedia Temática da Comunidade Valenciana. Literatura. Editorial Prensa Valenciana. 2009.
  10. 10,0 10,1 10,2 Soler García, José María (2006). "José María Soler García. Villena (1905-1996)" (en español) (pdf). Historia de Villena: desde la Prehistoria hasta el siglo XVIII. Fundación Municipal José María Soler - Dixitalizado pola Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. http://descargas.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/soler/01394953155915639191802/023057.pdf. Consultado o 25 de marzo.
  11. Stiftung F.V.S. Zu Hamburg (1982). "Verleihung des Montaigne-Preises 1982 an Señor Don José María Soler García, Villena und des Montaigne-Studienstipendiums an Pedro Marco, Villena, am 11.Dezember 1981 in Madrid" (html). Montaigne-Preis - Dixitalizado pola Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2005. http://www.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=14782&portal=33. Consultado o 25 de marzo de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]