Petanca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogadores de petanca no peirao de Niza.

A petanca é un xogo popular tipicamente provenzal, aínda que xa amplamente distribuído por Europa Occidental.

Índice

Historia [editar]

Os xogos populares con bólas están amplamente difundidos por todo o planeta, con diversidade de regras e de sistemas de xogo, e existen evidencias históricas que remontan ao Antigo Exipto, a Grecia ou a Roma. A idade de ouro dos xogos de bóla é sen dúbida o Renacemento, onde a nobreza comeza a xogar ao bilboqué ou ao jeu de paume. No século XVIII e XIX en Francia e particularmente na súa metade sur, había distintas modalidades de xogos de bólas tradicionais, entre eles o xogo provenzal que é o antecedente directo da petanca.

O 13 de xullo de 1907 o campión de xogo provenzal Jules Hugues, limitado nas súas capacidades polo reumatismo, decide inventar unha variante que obrigue a xogar cos pés xuntos (sen carreira), e nun campo restrinxido. O xogo, coas novas regras, comeza a desputarse na beirarrúa que está enfronte do café La boule étoilée (a bóla estrelada), na vila mariñeira de La Ciutat, no departamento occitano de Bocas de Ródano.

O primeiro campionato oficial do xogo ten lugar na mesma vila de La Ciutat en 1910 onde recibe o seu nome, procedente do occitano pès-tancats (pés xuntos).




principalmente xogase en galicia ainda que en outras provincias tamen xogan.

Institucións e difusión [editar]

Existe unha Federación Internacional de Petanca; porén non existe a federación galega equivalente. A pesar de ter a súa orixe en Francia, é xa un deporte moi difundido, con 596.000 practicantes federados en 69 países do mundo (datos de 2006).

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas [editar]