Santa Pola
Coordenadas: 43°29′N 8°14′W / 43.483°N 8.233°W
| Santa Pola | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | País Valenciano |
| Provincia: | Alacant |
| Comarca: | Baix Vinalopó |
| Xeografía | |
| Altitude: | 6 msnm |
| Superficie: | 58'6 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 30.981 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 528,69 hab/km² |
| Xentilicio: | Santapoler/a |
| Información | |
| Código postal: | 03130 |
| Alcalde: | Miguel Zaragoza (PP) |
| Sitio na web: | Ajuntament de Santa Pola |
Santa Pola é unha poboación da comarca do Baix Vinalopó no País Valenciano, cunha poboación en 1994 de 16.506 habitantes (santapoleiros) e de 20.965 en 2003. O término municipal presenta unha extensión de 58,6 km2. Limita co término de Elx e co mar Mediterráneo.
Índice |
Historia [editar]
A súa orixe histórica remontase ó Portus Illicitanus. Alí realizábase a actividade comercial da cidade romana de Illice (Elx). Na época visigoda era coñecida como Port Elecem e o seu nome musulmán foi Port del Cap de l'Aljub, que perdurou ata a metade do século XIV. Non hai datos históricos sobre ela ata 1556, data na que se construíu o Poble Nou de Santa Pola, tomando o nome da advocación da ermida dalgún caserio, o que fai supoñer que o núcleo orixinal desapareceu.
O seu castelo construíuse en 1557 cando reinaba Carlos I, de acordo co plan real de defensa da costa contra os piratas berberiscos. A súa eficacia permitiu a súa ampliación e reforzo, o que fixo que chegara ós nosos días. En 1786 pasou á Coroa por cesión do Marqués de Astorga. Finalmente, o alcalde Antoni Múrtula, cando coñeceu a decisión do Ministerio de Defensa de derrocalo, contactou coa raíña Isabel II e negociou a propiedade do castelo. Despois de pagar a cantidade acordada, a fortaleza pasou a mans do consistorio local. Desta forma, e ata os nosos días, o castelo é propiedade do pobo santapoleiro e converteuse no seu edificio máis singular e máis representativo.
No século XIX, novamente por relación coa coroa borbónica, recibiu o título de vila de mans do rei Alfonso XII 1877).
Economía e natureza [editar]
No século XX, ao igual que nas súas orixes, segue explotando a súa condición portuaria o que lle permite basear a súa economía en dous piares básicos: a industria turística e a pesca. É tamén moi importante a industria derivada da explotación das salinas, que dende sempre foi unha actividade económica fundamental na zona. As salinas tamén manteñen unha gran riqueza de fauna e flora que fixeron que o súa paraxe fose declarada Parque Natural polo goberno valenciano.
Lingua [editar]
Santa Pola é unha localidade de predominio lingüístico da lingua catalá. A variedade dialectal que se fala é o catalán occidental e, dentro deste bloque, o subdialecto alacantino. Destacan, como elementos lingüísticos característicos a perda do "d" intervocálico final (cansada = /cansà/); a asimilación vocálica (terra = /teɛrrɛ/); o uso do ese sonoro na terminación -ció (combinació = /combinazió/) e nos "s" finais de palabra seguidas de vogal; léxico autóctono (mamola, arritranco, avixirugo); etc. A fala de Santa Pola presenta, ademais, algúns trazos propios do catalán oriental. Este feito provoca que, en moitas ocasión, a fonética santapolera esta máis a carón das falas de Tarragona ou Barcelona que os de Valencia.
O filólogo e eclesiástico Antoni Maria Alcover pasou por Santa Pola na súa recollida de datos para o que seria o Diccionari català-valencià-balear. Naquel momento, a principios do século XX, considerou Santa Pola como a fronteira sur da lingua catalá. Nos nosos días esta afirmación rectificouse e xa se considera a veciña poboación de Guardamar como a localidade catalán-parlante máis meridional de todo o territorio.
Política [editar]
As eleccións de 2007 deron a alcaldía ó PP por maioría absoluta con 16 concelleiros, o PSPV conseguiu 6, e Compromís pel País Valencià 1 concelleiro.
Cultura [editar]
A localidade alacantina conta, a día de hoxe, con diversos colectivos culturais que proporcionan ó municipio uns mínimos de actividade social, como a Banda Unió Musical de Santa Pola, fundada en 1978 polo santapoleiro Manuel Marhuneda.
Ligazóns externas [editar]
- Secció "Poble a poble" del Diari Parlem, d'on s'ha extret informació amb consentiment de l'autor.
- Institut Valencià d'Estadística.
- Portal de la Direcció General d'Administració Local de la Generalitat.