Parapente
O parapente é un deporte aéreo. O seu nome é debido ás súas orixes, "paracaídas de pendente".
Índice |
Historia[editar]
A xente que practicaba paracaidismo, e tamén alpinismo, atopou un xeito de descenso rápido. Co tempo, a feitura dos parapentes foi mellorando de tal forma que na actualidade non só serven para descender botándose dunha montaña, senón tamén de facer auténticos voos remontando sobre o punto de despegue. Isto conséguese a base de aproveitar as correntes térmicas ascendentes igual que fan as aves. Na actualidade ás veces pódense facer voos de centos de quilómetros.
Consellos[editar]
Antes de empezar a voar en parapente, débese acudir a unha escola especializada, onde se recibirán unhas clases teóricas sobre as partes da ala, conceptos de presión e atmosféricos, e se considerarán amais as ferramentas que se deben empregar, así como unhas nocións básicas para que durante o noso primeiro voo non caiba ningún accidente.
Equipamento Necesario[editar]
O equipo básico necesario para iniciarse na arte de voar en Parapente inclúe: A vela, corpo principal do Parapente, pódese adquirir de acordo a tres graos: 1 a 2 (voo de iniciación) e 3 (voo de competición). Algunhas cadeiras posúen unha protección especial na zona das costas. O casco, onde,os máis caros,caracterízanse por unha protección maxilar e alta tecnoloxía na súa fabricación. Finalmente, é necesario contar con calquera equipo de radio (banda civil) para manter o contacto coa terra.
Galería de imaxes[editar]
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de parapente de Galicia