Hormona
As hormonas (do grego ὁρμή - "ímpeto") son substancias químicas liberadas por células que afectan ao metabolismo doutras células noutras partes do corpo. Só se precisa unha pequena cantidade de hormona para modificar o metabolismo doutra célula. Trátase basicamente dun mensaxeiro químico que leva un sinal dunha célula a outra. Todos os organismos multicelulares producen hormonas: as hormonas vexetais denomínanse fitohormonas. As hormonas nos animais son a miúdo transportadas no sangue. As células responden a unha hormona cando expresan un receptor específico para esa hormona. A hormona únese á proteína receptora, o que resulta na activación dun mecanismo de transdución de sinais que, en última instancia leva a unha resposta celular específica.
As hormonas endócrinas son moléculas secretadas (liberadas) directamente no torrente sanguíneo, mentres que as hormonas exócrinas (ou ectohormonas) son secretadas directamente nun conduto, e desde este conduto flúen ao torrente sanguíneo ou ben difunden de célula a célula nun proceso coñecido como sinalización parácrina.
Índice |
Hormonas humanas importantes [editar]
| Estrutura | Nome | Abre- viatura |
Tecido | Células | Mecanismo | Tecido diana | Efecto |
| amino - triptófano | Melatonina (N-acetil-5-metoxitriptamina) | glándula pineal | pinealocito | antioxidante e causa sono | |||
| amino - triptófano | Serotonina | 5-HT | SNC, tracto GI | células enterocromafines | Inflúe no humor, apetito e sono |