Xurxo V do Reino Unido
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xurxo V do Reino Unido (3 de xuño de 1865 – 20 de xaneiro de 1936) foi Rei do Reino Unido de 1910 até a súa morte. Era o segundo fillo do Rei Eduardo VII do Reino Unido e da princesa Alexandra de Dinamarca, na época Príncipes de Gales.
En 1891, Xurxo converteuse no segundo na liña de sucesión, despois da morte de Alberte, Duque de Clarence, o seu irmán máis vello, por pneumonía. Alberte estaba noivo da princesa María de Teck (Princesa May), que foi pedida despois en casamento por Xurxo. O casamento realizouse en 1893 e resultou en seis fillos, entre os quais o Duque de Windsor e Xurxo VI do Reino Unido. En 1892, Xurxo foi criado Duque de York e en 1901, após a morte da súa avoa, a Raíña Vitoria, converteuse en Príncipe de Gales e Duque de Cornualles, como herdeiro da coroa.
Xurxo V tornouse Rei do Reino o 22 de xuño de 1911 e Emperador da India o 11 de decembro, após a morte de Eduardo VII. En 1917, dado o sentimento antixermánico vivido durante a Primeira Guerra Mundial, Xurxo V cambiou o nome da casa real de Saxonia Coburgo Gota para Windsor, que pasou a ser o nome oficial da familia real.
Xurxo V morreu en 1936 e foi sucedido polo seu primoxénito, Eduardo VIII.

