Arne Wilhelm Kaurin Tiselius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Arne Wilhelm Kaurin Tiselius
Arne Tiselius.jpg
Arne Wilhelm Kaurin Tiselius
Nacemento 10 de agosto de 1902
Estocolmo Suecia Suecia
Morte 29 de outubro de 1971
Uppsala Suecia Suecia
Residencia Suecia Suecia
Nacionalidade sueco
Campo
Alma mater
Cónxuxe
  • Ingrid Margareta (Greta) Dalén (1930)
Director tese
Coñecido por

Arne Wilhelm Kaurin Tiselius nado o 10 de agosto de 1902 en Estocolmo (Suecia) e finado o 29 de outubro de 1971 en Uppsala (Suecia), foi un bioquímico sueco galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1948.

Índice

[editar] Biografía

Naceu o 10 de agosto de 1902 na cidade de Estocolmo. Logo da morte do seu pai trasladouse á beira da súa familia a Gotemburgo, onde ingresou na escola, e logo da súa gradación no "Realgymnasium" en 1921 estudou química na Universidade de Uppsala. Posteriormente pasou a ser asistente de investigación no laboratorio de Theodor Svedberg en 1925 e doctorouse en 1930 sobre o método da fase móbil no seu estudo de electroforesis aplicada a proteínas, para o que utilizou un aparello coñecido como tubo de Tiselius. A partir daquel ano iniciou a súa tarefa docente na Universidade de Uppsala, onde foi nomeado catedrático de química en 1938 e director do Instituto de Bioquímica en 1946.

Tiselius morreu o 29 de outubro de 1971 na cidade de Uppsala.

[editar] Investigación científica

Iniciou a súa investigación ao redor dos procesos de difusión e absorción, que continuou durante a visita dun ano ao laboratorio de Hugh Stott Taylor na Universidade de Princeton, coa axuda dunha bolsa da fundación Rockefeller, onde conseguiu desenvolver o plasma sanguíneo sintético. Ao seu retorno a Uppsala renovou o seu interese nas proteínas, e interesouse no uso de métodos físicos nos problemas bioquímicos, o cal conduciulle a desenvolver un método mellorado de análise electroforético que foi mellorando nos anos posteriores.

En 1948 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a natureza do plasma sanguíneo.

Tiselius tomou parte activa na reorganización da investigación científica en Suecia nos anos posteriores á Segunda Guerra Mundial, e foi presidente da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada entre 1951 e 1955, vicepresidente da Fundación Nobel en 1947 e posteriormente presidente desta en 1960.

[editar] Recoñecementos

En honra súa nomeouse o cráter Tiselius sobre a superficie da Lúa.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


Predecesor:
Robert Robinson
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1948
Sucesor:
William Francis Giauque
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas