Universidade de St Andrews

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de St Andrews
Tipouniversidade, ancient university of Scotland e editor de acceso aberto
Data de fundación1410
Fundador(es)Henry Wardlaw
Organización subsidiariaReformation Studies Institute, University of St Andrews
EnFife, Escocia
PaísReino Unido
56°20′28″N 2°47′35″O / 56.341214, -2.793011
Na rede
https://st-andrews.ac.uk
Facebook: uniofsta Twitter: univofstandrews Instagram: uniofstandrews Dialnet: 2695854 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]


Universidade de St Andrews, en gaélico escocés Oilthigh Chill Rìmhinn, en inglés University of St Andrews, está situada na cidade de St Andrews, no condado de Fife, e é a universidade máis antiga de Escocia e unha das máis antigas do Reino Unido. Foi fundada no século XV, entre 1410 e 1413, e hoxe segue sendo unha das universidades máis prestixiosas do país. É unha universidade pública con aproximadamente 10.000 estudantes. Desde 2020 a súa reitora é a activista e psicoterapeuta de orixe somalí Leyla Xuseen.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación na Idade Media e crecemento na Idade Moderna[editar | editar a fonte]

A Universidade de St Andrews foi fundada en 1410 no priorato da catedral de St Andrews e recibiu unha bula pontificia do papa Bieito XIII de Aviñón en 1413. Unha vez lista, a universidade comezou a mostrar un crecemento importante: en 1418 creouse unha facultade de Pedagoxía, o St Salvator's College en 1450, St Leonard's College en 1511 e St Mary's College en 1537. Algunhas destas institucións e edificios aínda existen hoxe, como a Capela de San Salvator, situada no St Salvator's Quadrangle, que actualmente alberga varios dos departamentos da universidade. No momento da súa fundación, a universidade tiña un carácter relixioso, e boa parte das materias eran impartidas polos propios agostiños da catedral.

Idade contemporánea. Crise no século XIX e fundación do University College Dundee[editar | editar a fonte]

A Universidade mantivo a súa importancia e influencia en Escocia nos séculos seguintes; porén, durante o século XIX o número de alumnos reduciuse considerabelmente, até chegar a menos de 150 na década de 1870. Para resolver parcialmente este problema, a universidade fundou un colexio en Dundee, o University College Dundee que se convertería nun centro pioneiro de investigación médica e científica. Máis tarde, esta facultade independizouse, converténdose na Universidade de Dundee.

Século XX[editar | editar a fonte]

Durante o século XX, especialmente na segunda metade do século, a universidade recuperou a súa matrícula e perdeu prestixio non só en Escocia senón tamén en todo o Reino Unido e outras partes do mundo, especialmente os Estados Unidos.

Século XXI[editar | editar a fonte]

Os príncipes de Gales, graduados en 2005 en Xeografía e en Historia da Arte.

Nos anos 2001-2005, William, duque de Cambridge, estudou xeografía alí. Na actualidade, a Universidade de St Andrews acolle a unhas 10.000 persoas, entre profesores e estudantes.

Facultades e departamentos[editar | editar a fonte]

A Universidade de St Andrews ten actualmente as seguintes facultades, subdivididas en departamentos:

Alén disto, a Universidade alberga a "Academia Real Escocesa de Música e Drama" (Royal Scottish Academy of Music and Drama).

Alumnos e profesores destacados[editar | editar a fonte]

Entre os alumnos e profesores representativos e coñecidos da universidade estiveron o rei Xacobe II de Escocia, o signatario da Declaración de Independencia dos EUA James Wilson, o inventor dos logaritmos John Napier, o líder protestante fundador da Igrexa de Escocia John Knox, os fundadores da Universidade de Glasgow e da Universidade de Edimburgo William Turnbull e Robert Reid os Premios Nobel de Medicina James W. Black e Maurice Wilkins, o médico Edward Jenner, os príncipes de Gales, Guillerme e Catarina, directores executivos de multinacionais como BHP (Andrew Mackenzie), BP (Robert Horton), FanDuel (Nigel Eccles),[2] Rolls-Royce Holdings (John Rose), Royal Dutch Shell (Robert Paul Reid), Tate & Lyle (Iain Ferguson) ou Royal Bank of Scotland (George Mathewson), xefes e directivos do MI6 como Alex Younger, John Sawers, George Kennedy Young e J. M. Bruce Lockhart, o ex-Primeiro Ministro de Escocia e líder do SNP por vinte anos Alex Salmond, o exdirector senior de asuntos europeos e rusos do Consello de Seguridade Nacional dos EUA, Fiona Hill e David Holmes (implicados na investigación do impeachment contra D. Trump),[3] o fundador da revista Forbes B. C. Forbes, o ex Director de Comunicacións de Downing Street e de BBC World News Craig Oliver, entre outros editores da BBC,o gañador do Pulitzer James Michener, a escritora Fay Weldon e o actor Ian McDiarmid; tivo como profesores o académico Walter Burkert, o teólogo Richard Bauckham, o astrónomo John Couch Adams, o zoólogo William Thomas Calman, historiadores como Alex Woolf ou Tomasz Kamusella, o naturalista contrario á Teoría da Evolución David Brewster, políticos como Bruce Hoffman ou Clara Ponsatí.

Honoris Causa[editar | editar a fonte]

A universidade nomeou numerosos doutores honoris causa como Benjamin Franklin, Hillary Clinton, Bob Dylan, Arvo Pärt, Maggie Smith, Sean Connery, Martha Nussbaum, Seamus Heaney, Georg Cantor ou David Attenborough entre outros.[4][5]

Notas

  1. Vázquez, Ruben (2020-10-06). "Leyla Hussein, activista contra la Mutilación Genital Femenina". El Sumario (en castelán). Consultado o 2023-09-29. 
  2. "FanDuel: Tyrone man Nigel Eccles will soon be Northern Ireland's newest billionaire". The Belfast Telegraph. 22 July 2015. 
  3. "St Andrews alums testify in Trump's Impeachment Inquiry". The Saint-Online. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2019. 
  4. "Honorary graduates". www.st-andrews.ac.uk. Consultado o 17 February 2023. 
  5. "Another 'classic' for St Andrews | University of St Andrews news". news.st-andrews.ac.uk. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]