Edgar Douglas Adrian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edgar Douglas Adrian
Edgar Douglas Adrian nobel.jpg
Datos persoais
Nacemento 30 de novembro de 1889
Lugar Hampstead, Londres, (Gran Bretaña)
Falecemento 4 de agosto de 1977, 87 anos
Lugar Cambridge (Gran Bretaña)
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Gran Bretaña
Nacionalidade Británica
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Campo Fisioloxía
Alma mater Universidad de Cambridge
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Electrofisioloxía
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Medicina (1932)

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Edgar Douglas Adrian OM PRS nado en Londres, Gran Bretaña, o 30 de novembro de 1889 e finado en Cambridge, Gran Bretaña, o 4 de agosto de 1977, foi un fisiólogo británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Secundaria Westminster e aprobou ciencias naturais no Trinity College de Cambridge, licenciándose en medicina en 1915. Durante a Primeira Guerra Mundial traballou no St Bartholomew's Hospital de Londres, tratando a soldados con desordes nerviosas. Volveu a Cambridge en 1919 e en 1925 comezou os seus estudos sobre os impulsos nerviosos nos órganos sensoriais humanos, demostrando a posibilidade de medir a corrente nas fibras nerviosas aplicando un amplificador.

Foi profesor do Royal College of Physicians (cátedra Sharpey, 1925), da Royal Society (cátedra Foulerton, 1929-1937) e da Universidade de Cambridge (cátedra de fisioloxía, 1937-1951). Desde 1951 foi director do Trinity College.

En 1932 foille outorgado o Premio Nobel de Medicina polos seus traballos relativos á función das neuronas e as células nerviosas motoras, premio que compartiu con Sir Charles Scott Sherrington.

En 1950 foi nomeado presidente da Royal Society.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • The Basis of Sensation, 1928.
  • The Mechanism of Nervous Action, 1932.
  • The Physical Basis of Perception, 1947.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]