Güiana - Guyana

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Co-operative Republic of Guyana
Lema nacional:One People, One Nation, One Destiny
(inglés: un pobo, unha nación, un destino
Idioma oficial
outros:
Inglés
hindi, urdu
Capital Georgetown
Presidente Bharrat Jagdeo
Primeiro ministro Samuel Hinds
Superficie 214.970 Km²
Poboación
Densidade de poboación
751 223 (2007)
3,5 ab./km²
Independencia
- Data
(de Reino Unido)
26 de maio, 1966
Moeda Dólar de Güiana
Hora UTC-4
Himno nacional Dear land of Guyana, of rivers and plains
ISO-3166 (Internet) .GY
Código telefónico 592


A Güiana é un país de Suramérica limitado ó norte polo Océano Atlántico, ó este co Surinam, ó sur co Brasil e ó oeste co Departamento francés de ultramar da Güiana Francesa.


Índice

[editar] Subdivisións

Subdivídese en 10 rexións administrativas:


[editar] Economía

Ver artigo principal: Economía de Güiana.

[editar] Demografía

Clique para ampliar
Clique para ampliar

A poboación do país (comprendida entre os 760.000 e 780.000 habitantes) está dividida en tres grupos principais:

  • Hindúes ou Indo-gúianeses (aredor do 50%) que habitan nas zonas rurais
  • Africáns ou afro-güianeses (entre o 36 e o 43%) residentes nos centros urbanos
  • Os amerindios (entre o 4 e o 7%), poboadores das zonas do interior.

A poboación chinesa e europea (principalmente portugueses e británicos) forman o 2%.

O 90% da poboación vive na zona costeira, onde a densidade de poboación chega a 115 habitantes por km². Existe unha gran tensión entre as comunidades hindú e africana, o cal se reflicte na esfera política (onde os dous principais partidos políticos son uni-raciais).

A relixión tamén establece unha líña divisoria entre a población. Os cristiáns (50% da poboación), predominantemente adscritos á igrexa anglicana, son de etnia africana. A comunidade hindú procesa maioritariamente o hinduismo, aínda que existe un porcentaxe que se adscribe ó Islam. Outro dato curioso a destacar é a presenza no país da comunidade máis extensa de Baha'ís do mundo (un 7%).

A emigración ten sido un problema persistente na historia do país, estimándose uns 500.000 nacionais vivindo fora do país. Desde a independencia, máis de 10.000 cidadáns ó ano tense ido establecendo nos Estados Unidos. Igualmente, Canadá, o Reino Unido e outros países caribeños de fala inglesa teñen sido o destino de ditos emigrantes.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


Países do mundo | América do Sur
Arxentina - Bolivia - Brasil - Colombia - Chile - Ecuador - Güiana - Paraguai - Perú - Surinam - Uruguai - Venezuela
Países con parte do seu territorio en América do Sur

Francia (Güiana francesa) | Reino Unido (Illas Malvinas)

Ferramentas persoais