Papiamento
| Papiamento (papiamentu) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Curaçao, Aruba e Bonaire. | |
| Total de falantes: | 319.400[1] | |
| Familia: | Linguas Crioulas Crioulo de base portuguesa Papiamento |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | --- | |
| ISO 639-3: | pap | |
Papiamento ou Papiamentu é unha lingua crioula e é a principal lingua falada nas illas caribeñas de Aruba, Curaçao e Bonaire.
O papiamento orixinouse do pidgin portugués coñecido como Guene, falado polos escravos africanos traídos polos holandeses para o traballo na cana de azucre. Despois da toma de Cabo Verde por Portugal e a devolución de Nova Holanda á xurisdición portuguesa, algúns xudeus sefarditas portugueses de Cabo Verde e case todos os do nordeste brasileiro foron para as antillas holandesas, levando consigo o portugués. A lingua xudeu-portuguesa mesturarase co Guene dos escravos africanos, dando orixe á primeira forma do papiamento, no século XVIII. Coa administración do imperio colonial holandés nas illas, a influencia holandesa lega moitas palabras do seu idioma ao papiamento. No final do século XIX a influencia do español ocorre co contacto cos países veciños, especialmente Venezuela.
O nome procede da palabra papiá, que significa 'conversar', derivada orixinalmente da palabra portuguesa papear. Orixínase igualmente deste verbo coloquial o nome do crioulo de base lusófona de Malaca, o papiá kristáng. O verbo papiá aínda existe no crioulo caboverdiano, e significa falar.
Xa existen xornais en papiamento e dicionarios bilingües. Algúns intelectuais portugueses e brasileiros interésanse pola creación dunha rede de investigadores de crioulo que enlace os interesados nestas manifestacións lingüísticas mestizas, incluíndo o papiamento.
Breve comparación entre o portugués, papiamento e outros crioulos de base portuguesa [editar]
| Galego | Portugués | Papiamento | Crioulo da Guiné-Bisau | Crioulo de Cabo Verde* ** |
|---|---|---|---|---|
| Benvido | Bem-vindo | Bon Bini | Bô bim drito | Bem-vindo*** |
| Bos Dias | Bom Dia | Bon dia | bon dia | Bon dia |
| Grazas | Obrigado | Danki | Obrigado | Obrigadu |
| Como vai? | Como vai? | Con ta bai? | Kuma ku bu na bai? | Módi ki bu sa ta bai? |
| Moi ben | Muito bom | Hopi bon | I bon dimás | Mutu bon |
| Estou ben | Eu estou bem | Mi ta bon | Ami n´stá bon | N sta dretu |
| Eu, Eu Son | Eu, Eu Sou | Mi | Ami | N, Mi e |
| Pase un bo día | Tenha um bom dia | Pasa un bon dia | Pasa un bon dia | Pasa un bon dia |
| Véxote despois, ata logo | Vejo você depois, Até logo | Te aworo | N´ta odjau dipus | N ta odjâ-u dipôs, Te lógu |
| Comida | Comida | Cuminda | Bianda | Cumida |
| Pan | Pão | Pan | Pon | Pon |
| Refresco, Zume | Suco, Refresco, Sumo | Refresco | Sumo | Sumu |
| Gústame Aruba | Eu amo Aruba | Mi stima Aruba | N´gosta di Aruba | N gosta di Aruba |
*Variante de Santiago
**Escrita adoptada neste exemplo: ALUPEC
***Palabra en portugués usada en crioulo;