Crioulo haitiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O crioulo haitiano (Kreyòl ayisyen; kɣejɔl ajisjɛ̃), adoito chamado simplemente Kreyòl, é unha lingua falada en Haití por arredor de oito millóns de persoas (o 80% da poboación total do país) e, a través da emigración, ten un millón de falantes en Cuba, Bahamas, Canadá, Illas Caimán, república Dominicana, Güiana Francesa, Martinica, Guadalupe, Belice, Puerto Rico e nos Estados Unidos. É a lingua crioula máis falada do mundo.[1]

[editar] Historia e características

O crioulo haitiano é un dos dous idiomas oficiais de Haití, xunto co francés. É unha lingua crioula baseada no francés do século XVIII con moi diversas influencias, sobre de todo linguas africanas (incluíndo algunha influencia do árabe), así como do español e o taíno e, cada vez máis, do inglés.

Debido en parte aos esforzos de Félix Morisseau-Leroy, dende 1961 o crioulo haitiano recoñécese como lingua oficial de Haití, xunto co francés que fora a única lingua literaria do país dende a súa independencia en 1804. O status oficial mantívose na Constitución de 1987. O uso do crioulo na literatura é pequeno pero está a medrar. Morisseau foi un dos primeiros e máis influentes autores en empregar o crioulo. Dende os 80, moitos educadores, escritores e activistas escriben en crioulo. Hoxe, moitos xornais, así como programas de radio e televisión, empregan o crioulo.

[editar] Notas

  1. Albert Valdman, Creole: the national language of Haiti
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas