Lingua picarda
| Picardo (Picard) | ||
|---|---|---|
| Outros nomes: | Tchtimi, chti, rouchi | |
| Falado en: | ||
| Rexións: | Europa | |
| Total de falantes: | ~ 700 000 | |
| Posición: | Non está entre as 100 máis faladas. | |
| Familia: | Indoeuropea Itálico Románico Ítalo-occidental Galo-ibérico Galo-románico Galo-rético Oïl Picardo |
|
| Escrita: | Alfabeto latino | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Lingua rexional endóxena en Bélxica. | |
| Regulado por: | Non ten regulación oficial | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | --- | |
| ISO 639-3: | pcd | |
A lingua picarda ou picardo é unha das linguas romances máis próximas ao francés e é unha das Linguas de oïl. Pola súa semellanza ao francés hai unha gran polémica sobre se é unha lingua independente ou un dialecto.
Índice |
Outras denominacións [editar]
O picardo ten outras denominacións como picart, patois du nord (patués do norte), tchtimi, chti ou rouchi, índa que este último é un dialecto do picardo, considerado a miúdo como unha "fala de oïl" diferente, falada no Hainut Occidental, entre Mons e a liña Torunai-Soignes-Ath-Mouscron.
Localización [editar]
Fálase nas rexións francesas da Picardía (desde o sur do Oise e do Aisne) e Norte-Paso de Calais (até a zona de Dunkerque, de fala neerlandesa flamenca e Bélxica na maior parte da provincia de Hainaut, até A Louvière ao leste (entre Mons e Charleroi).
Falantes [editar]
Sen estatísticas globais nin fiables. Tan só unha enquisa feita en Amiens (1980-1981), mostraba que o 46% dos homes e o 29% das mulleres nacidas en 1942 declaraban falar picardo.
Normativización [editar]
Sen ningunha normativa aceptada. Aínda así, desde un punto de vista ortográfico, unha parte importante dos autores están de acordo nunha serie de principios que poden tender a unha certa normativización:
- Continuación do código ortográfico francés, todo tendo en conta as particularidades fonéticas do picardo.
- Utilización razoada das letras mudas ou variantes gráficas para permitir unha correcta identificación das palabras. Este uso pode ter un máximo entre os escritores tradicionais, máis próximos á ortografía francesa, e practicamente desaparece entre os partidarios de métodos fonistas. Nunha situación intermedia atoparíase a adaptación do sistema Feller para o picardo feita por Fernand Carton.
- Tendencia a apartar as particularidades locais para permitir unha compresión canto máis ampla mellor. Algúns autores chegan á utilización de archigrafías que posibiliten lecturas múltiples.
Status legal [editar]
Recoñecida como lingua rexional endóxena en Bélxica, segundo o decreto do executivo da Comunidade francesa adoptado o 1990. Benefíciase, sorbe todo polo que fai a súa presenza nos medios de comunicación, das accións da Oficina das Linguas Rexionais Endóxenas.
En Francia non se beneficia de ningunha lexislación a nivel xeral e a ratificación da Carta Europa das Linguas Rexionais ou Minoritarias está bloqueada.
Formación [editar]
En Francia é recoñecido de facto polo Ministerio de Educación Nacional e ensínase nas escolas da rexión e pode estudarse de maneira facultativa.
Ligazóns externas [editar]
- Wikipedia Picard pcd.wikipedia.org
- Ch'lanchron
- Ortografía do picardo
- Chtimi
- Diccionaris picards
Audio [editar]
-
- http://ches.diseux.free.fr/sons/d85.mp3
- http://ches.diseux.free.fr/diri/dir85.htm
- Centre de Ressources pour la Description de l'Oral (CRDO) ( http://www.language-archives.org/language/pcd )
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||