Lingua véneta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véneto
'Vèneto '
Falado en: Italia, Croacia, Eslovenia, México e Brasil
Rexións: Véneto
Total de falantes: 2.250.000 falantes
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Ítalo-occidental
    Galo-itálica
     Véneto
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: roa
ISO 639-3: vec
SIL: VEN

O véneto (en vén. vèneto ou Łengua vèneta) é unha lingua románica falada por máis de dous millóns de persoas, principalmente no Véneto, nordés da Italia. Os seus falantes concéntranse sobre todo naquela que antigamente era a Terraferma (Terra Firme) da República de Venecia (Véneto, parte do Trentino, Istria e Venecia Giulia). Existen minorías de falantes en Eslovenia, Croacia, Brasil e Chipilo (México). É recoñecida entre as linguas minoritarias europeas pola UNESCO (Red book on endangered languages). Aínda que sexa coñecido como un dialecto italiano, o véneto non descende da lingua italiana, senón directamente do latín, tendo a súa propia morfoloxía, sintaxe e léxico.

As variantes máis importantes son:

  • véneto oriental (véneto veneciano) falado en Venecia e arredores
  • véneto occidental (véneto veronés) falado en Verona e a súa provincia
  • véneto central (ou centro-meridional) falado nas prov. de Padua, Vicenza, e Rovigo
  • véneto setentrional (ou ven. feltrino-belunés) falado en Feltre e Belluno
  • véneto trevisan falado na prov. de Treviso e influenciado polo veneto setentrional e veneciano

Os falantes chámanlle venesian (veneciano) á variedade falada na cidade de Venecia, mentres que empregan a palabra véneto para se referir a toda a lingua independentemente da variante que sexa.

O 28 de marzo de 2007, o véneto foi recoñecido como lingua polo Consello Rexional Véneto coa lei de "tutela e valorizzacione della lingúa e cultura veneta", aprobada pola maioría dos partidos de goberno e oposición.

A lingua véneta descende do latín vulgar e foi posibelmente influenciada pola extinta lingua venética, falada na rexión entre os séculos V a.C. e I a.C., e posteriormente polas linguas dos pobos xermánicos (visigodos, ostrogodos e longobardos) que invadiron o norte da Italia no século V d.C.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua véneta.