Lingua materna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lingua materna (tamén chamada lingua de instalación, lingua natural, lingua popular, idioma materno, lingua nativa ou primeira lingua) é o primeiro idioma que aprende unha persoa.

Aprendizaxe[editar | editar a fonte]

Tódolos fonemas non asimilados nesta primeira etapa da vida producen unha xordeira lingüística aos termos en linguas estrañas. Xeralmente, un pícaro aprende o fundamental do seu idioma materno a través da súa familia.

A habilidade no idioma materno é esencial para a aprendizaxe posterior, xa que se cre que a lingua materna é a base do pensamento. Unha habilidade incompleta no idioma materno case sempre dificulta a aprendizaxe de segundas linguas. Polo tanto, a lingua materna ten un papel primordial na educación.

Bilingüismo[editar | editar a fonte]

Cando alguén ten dúas ou máis linguas como idioma materno, dise que é unha persoa bilingüe. A orde en que se aprenderon ditas linguas non é necesariamente a orde de mestría das mesmas. Por exemplo, unha parella francófona pode ter un fillo que aprendeu antes o francés ca outros idiomas, pero se creceu en Galicia é probable que acabe tendo unha maior competencia na lingua galega.

O bilingüismo é moi común nalgunhas rexións e países que teñen máis dunha lingua oficial, se ben, na actualidade o termo bilingüísmo non se considera apropiado para falar de sociedades pois o habitual é que as linguas que conviven nunha comunidade estean en conflito ou manteñan unha relación desigual

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Segundo a teoría máis recente e aceptada, unha lingua materna pode aprenderse ata os 12 anos de idade (Noam Chomsky). Pasado este período, as habilidades lingüísticas do falante son distintas e toda lingua aprendida despois pasará a ser considerada como unha segunda lingua.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]